Monumenta andar con arte chegará a Ordes o 18 de agosto

0

Ordes, 11 de xullo do 2018 – Monumenta andar con arte, un ciclo de andainas que combina música e charlas con camiñatas, incorpora na edición 2018 ao concello de Ordes.

Do 4 de agosto ao 2 de setembro, Monumenta propón andainas en Lugo, A Guarda, Valdoviño, Ordes, Esgos, Palas de Rei, A Peroxa e Bueu. O ciclo está organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que segue a contar con camiñantes convidados para guiar a visita en cada unha das oito xornadas.

Según o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o seu departamento volve a apostar por  “un programa de actividades culturais que xira en torno á experiencia da andaina, entendida como unha maneira de explorar e de vivir o territorio. Deste xeito, como vimos comprobando polas anteriores experiencias, contribuímos a que se valore e se goce da riqueza patrimonial que nos rodea, espallada por todo o territorio e da que, moitas veces, non somos conscientes”.

Unha oferta cultural descentralizada e vinculada co local

Monumenta naceu no ano 2013 como “unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, apreciando ao camiñar a súa singularidade cultural e paisaxística”, que procura, ao tempo, “unha oferta cultural descentralizada, moi vinculada co local”, afirmou Anxo Lorenzo. “Desde entón non deixou de medrar e mellorar, innovando en cada edición”. Nesta ocasión o ciclo incorpora a integración de música ambulante, en versión acústica, nos percorridos, sen deixar por iso de lado a parte divulgativa das andainas, que corre a cargo dos camiñantes convidados, moi ligados ao local. Trátase de, segundo abundou o secretario xeral de Cultura, “oito andainas dedicadas a camiñantes históricos, como o pai Baltasar Merino, ou a oceanógrafa Ángeles Alvariño, ademais de rutas polos monumentos máis singulares, como a Muralla de Lugo. O patrimonio inmaterial chega da man do antropólogo danés Gustav Henningsen e o seu traballo de campo sobre meigas e feitizos; a pintura de Urbano Lugrís ou a literatura de Emilia Pardo Bazán”.

Ordes, meigas e feitizos

O sábado 18, para acompañar as meigas e feitizos de Gustav Henningsen, o dúo Tralo-Valo interpretará cancións do repertorio gravado polo antropólogo danés en Galicia, sobre todo na bisbarra da Terra de Ordes, por onde discorrerá a andaina.

Máis información sobre o ciclo e para inscribirse nas andainas, no web http://monumentagalicia.com/ e mais en cultura.gal.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies