займ срочно

Comeza a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, MICE

0

Compostela, 28 de marzo do 2022 – O Museo do Pobo Galego abre hoxe a XVII edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, a MICE.

O Teatro Principal acollerá a proxección de Cadernas de Olloboi, a primeira peza de esta edición da MICE. Trátase dun traballo feito por adolescentes desde as escolas e que se proxectará a partir das oito da tarde.

Olloboi é un festival audiovisual de curtametraxes dirixido a todos os niveis educativos. Organízao desde o 2009 unha asociación sen ánimo de lucro radicada en Boiro. Para este festival é imprescindible a colaboración da veciñanza, das e dos cineastas galegos, do Concello de Boiro e da Deputación da Coruña. No 2020 a Academia Galega do Audiovisual outorgoulle o Premio especial Xosé Sellier.

As curtas de Olloboi poderán verse durante o propio festival , dentro da programación de MICE Petís para as escolas, ata o venres 1 en dúas sesións matinais, ás 11 e ás 12h30, no Museo do Pobo Galego.

A partir de hoxe e ata final de curso, as curtas poderán verse tamén nos centros educativos, a través dunha ligazón e previa inscrición no enderezo servizosdeac@museodopobo.gal ou chamando ao 981 58 36 20. Deste xeito, o profesorado poderá programar a MICE Petís nos propios centros.

Presenza nos centros socioculturais

O festival tamén ofrece unha proposta para que a xente máis nova e  maiores da casa traballen conxuntamente no hábito de ver cinema. A selección de curtametraxes de Olloboi achegarase a fin de semana do festival aos Centros socioculturais de Santiago de Compostela:

Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo ·

Venres 1 de abril ás 20 h. Duración da proxección 50 minutos.

Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.

Sábado 2 de abril ás 18 h. Duración dá proxección 50 minutos.

Sección oficial da MICE

A partir de mañá, martes 29, xa se poderán ver os filmes das seccións oficiais, así coma das seccións Lindes, Trazas e Impropias. Talleres e mesas redondas e seminarios completan a programación desta 17 edición.

As entradas para as proxeccións son de balde e os talleres requiren inscrición en mice@museodopobo.gal.

Toda a programación e máis información na web do MICE

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies