A I Mostra de Teatro de Rois comeza esta fin de semana

0

Rois, 19 de outubro do 2017 – O Auditorio Municipal de Rois acollerá esta fin de semana, de mañá venres ao domingo,  tres espectáculos dentro da primeira edición da Mostra de Teatro de Rois.

cartaz de frankenstein que participa na mostra de teatro de roisNa Mostra colaboran o Concello de Rois, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

A compañía Teatro Badius abrirá a I Mostra de Teatro de Rois co espectáculo Frankestein mañá venres día 20 ás 21:00 horas. O espectáculo parte do texto clásico de Mary Shelley e lévao ao terreo humorístico coa adaptación de Ricardo Vigueret. Teatro Badius é unha compañía afeccionada procedente de Baio, con máis de 30 anos de experiencia.

O sábado ás 20:00 horas será O Aturuxo de Melpómene a encargada de poñer sobre as táboas Terapia de Bar. A compañía naronesa sitúa a acción nun bar perdido no monte no que a propietaria e os dous únicos clientes elaboran un simpático plan para salvar a humanidade e eliminar do mundo os vicios que, segundo eles, son os culpables de todos os males do ser humano.

cartaz mostra de teatro de roisOs nenos e nenas serán protagonistas o domingo, coa representación ás 18:00 horas de As aventuras de Gale, a cargo da compañía A Xanela do Maxín, de Brión. Esta obra, baseada nunha historia de Pepe Carreiro, mestura teatro de monicreques con actores e músicos en escena.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies