Movendo os marcos: Nordestazo en Malpica

0

A bisbarra segue fervendo porque remata o Apóstolo pero chega o Feito a man e as festas de Ordes, pero como viaxar é bo creamos movendo os marcos para mostrarche outros sitios para ir de festa.

As Rías Baixas están ben pero os lugares por descubrir, as praias especiais e os pobos onde os turistas levan tanto tempo acudindo que xa están empadroados están un pouco máis arriba. Un de eses sitios e Malpica de Bergantiños e alí naceu hai 8 anos o Nordestazo.

Despois de oito edicións de festival, o Nordestazo Rock de Malpica reinvéntase para ser máis sustentable e dotalo definitivamente de maior carisma. A organización do Festival, coa Asociación A Tralla á cabeza, presentou o cartel desta nova edición con importantes novidades: unha aposta decidida polos artistas galegos, desde as bandas ata o cartel, obra de Laura Pato, o regreso a un escenario pegado ao mar, na zona de Canido, o extremo do Paseo Marítimo, e o selo “entrada de balde” xunto ao cartel.

Bento Veloso ¬ Los doce trinches

Bento Veloso ¬ Los doce trinches

Para a organización, estes tres alicerces fundamentais son a esencia mesma dun festival que naceu por e para o pobo de Malpica, e que con todo aglutina cada ano a miles de visitantes: “Optamos por converter o Nordestazo nun festival gratuíto porque entendemos que este festival é parte de Malpica, e por tanto debe ser positivo para o pobo, que é a súa primeira razón de ser. E para que isto siga sendo así, o festival ha de ser sustentable no tempo, polo que optamos por redimensionarlo e achegalo á actualidade, facéndoo o máis atractivo posible para todos”.

Los Labios

Los Labios

O Nordestazo non quere ser un festival máis. Aposta polo mar e sitúase na beira da praia de Canido, pero tamén polo local e traballa en conxunto coa hostalería de Malpica como motor do evento.Manterase o formato de música durante todo o día coa habitual sesión vermú e os concertos de tarde-noite.

 O Nordestazo arrincará o sábado 5 de agosto coa sesión vermú a cargo dos Mecánicos. A banda encargarase de acender a tarde coas súas versións do mellor pop e rock dos 50, 60 e 70.

Arizona Baby

Arizona Baby

Ben entrada a tarde tomarán a testemuña, Bento Veloso & Los Doce Trinches procedentes da Coruña impoñerán o seu impactante cocktail de psicofolk de garaxe e surf insidioso.

Durante a xornada nocturna, o ritmo chegará da man de Banda Crebinsky, unha banda cunha conexión moi especial co publico malpiqués que demostrarán unha vez máis, coa súa explosiva mestura de rock, jazz e música balcánica que os emparenta directamente con Emir Kusturica & The Non Smoking Orchestra.

Los Mecánicos

Los Mecánicos

O Nordestazo 2017 contará tamén coa presenza de Los Labios procedentes de Madrid, unha banda que se está convertendo por dereito propio no directo máis en forma de rock and roll da actualidade. Actitude, guitarras e bases rítmicas ao fío e un frontman que é o cruzamento perfecto entre Mick Jagger e Iggy Pop. Non é de estrañar que Lenny Kravitz convidounos ao seu estudo para rexistrar a súa última referencia discográfica, “Birthday”.

A presenza de Arizona Baby, asegura ao festival unha alta dose de rock atemporal e contundente desde a visión única dun trío que revolucionou o panorama independente hai pouco máis dunha década e que continúa sendo un dos alicerces do indie rock patrio.

Crebinsky

Crebinsky

Novidades Carminha pecharán a edición do Nordestazo. Converténdose na banda de garaxe punk máis relevante dos últimos anos no noso país. Os de Compostela lideran unha edición que aposta por un rock máis poliédrico e aperturista .

Acampada gratuíta, foodtrucks, deportes acuáticos e un pobo envorcado

O Festival Nordestazo contará este ano novamente con acampada gratuíta, con aseos e aparcadoiro, e volverá ofrecer aos presentes unha deliciosa selección de foodtrucks para acougar os estómagos máis famentos.

Novedades Carminha

Novedades Carminha

Ademais, Silfo Surf Camp ofrecerá aos asistentes a posibilidade de practicar diversos deportes acuáticos na costa malpicá durante a xornada de día, acompañando o son das bandas protagonistas.

Pero o elemento claramente diferenciador do Nordestazo é a súa enorme vinculación co pobo que o acolle. Malpica de Bergantiños transformarase nunha festa na que a hostalería, as asociacións e, en xeral, todo o concello, envórcanse por completo. Un ambiente perfecto para transformar a experiencia en algo inesquecible, e plantar o xerme en quen chega de novas para desexar repetir Nordestazo ano tras ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial