Movendo os marcos – A Illa das mentiras de Paula Cons

0

A cultura non ten fronteiras, por iso de cando en vez movemos os marcos da bisbarra para colleitar un pouco máis alá dos lindeiros

Este venres estrease na plataforma Filmin A Illa das mentiras. Escrita por Luís Marías e Paula Cons, foi dirixida pola galega con que quixemos falar da película.

A Illa das mentiras está protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna. Está inspirada libremente en feitos reais, no afundimento do buque  “Santa Isabel” frente ás costas da illa de Sálvora en 1921. Este é o punto de partida dun thriller onde o máis interesante non é o naufraxio en sí mesmo, se non as consecuencias que ten nun microcosmos tan pechado e peculiar como o da illa de Sálvora. Tamén é unha homenaxe ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.

Movendo os marcos - estrease A Illa das mentiras de Paula ConsComezamos falando polo que supón ter que estrear nunha plataforma online e Paula recoñece que era algo co que non contaban xa que está rodada para ser vista en pantalla grande

A directora viuse sorprendida por unha historia real moi descoñecida, como tantas outras. e non puido evitar poñerse a traballar para levala a pantalla

Preguntamos por esas historias tan galegas sobre o afundimento de barcos, algo que sempre do que da a sensación que sempre se fala en voz baixa e que está a cabalo entre a realidade e o mito

En certo modo dentro de ese esquecemento se atopa a illa de Sálvora, protagonista da película e que as veces queda asombrada polas outras illas galegas

A película é un disfrute visual que che invita a visitar a illa, iso non impide que se manteña a atmosfera de thriller que a converte nun produto moi atractivo

Movendo os marcos - estrease A Illa das mentiras de Paula Cons

Paula Cons

A produción audiovisual galega vive un dos seus mellores momentos, incluso a nivel internacional e a Illa das mentiras é un exemplo xa que acaba de ser seleccionada para o festival de Shangái

A Ila das mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués e o Programa Ibermedia. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional. Para rematar preguntámoslle a Paula Cons sobre a necesidade de que a iniciativa privada entre no sector audiovisual

A illa das mentiras é a primeira longametraxe de ficción como directora de Paula Cons. Antes dirixira os documentais A batalla descoñecida, (Seminci 2017- DocEspaña, e gañador do premio “Mestre Mateo” ao Mellor Documental), e O caso Diana Quer. 500 días.

Sinopse

Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.

Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado.

Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.

Filmin

Con máis de 10 anos de experiencia, Filmin consolidouse como a principal plataforma dixital de cine independiente en España, e no só mantivo o seu sitio coa chegada de novos competidores no mercado estatal de Video On Demand, se non que non deixou de crecer nos últimos anos, como amosa a súa expansión a outros territorios (México, Portugal) ou a súa asociación con Vodafone e Huawei.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial