займ срочно

Betanzos, 8 de xuño do 2017 – Coa intención de que salgades da bisbarra de cando en vez e exploredes o que temos arredor en Movendo os marcos vos traemos propostas para o tempo libre que poden ser de voso interés.

Hoxe vos presentamos o festival de videoarte de Betanzos, o BetaFest que se celebrará mañá venres e o sábado no cinema Alfonsetti da vila.

Esta primeira edición esta organizada por Latamuda produtora de arte contemporánea e conta co apoio do concello de Betanzos.

Betafest está dividido en 2 xornadas. A primeira xornada enfocada ao videoarte e audiovisual nacional e internacional. A segunda xornada conta ademais do visionado das pezas coa presenza dos artistas que comentarán os seus proxectos unha vez finalizada cada unha das visualizacións. Unha segunda xornada no que o videoarte galego é o protagonista.

A primeira xornada do BetaFest terá lugar mañá venres ás 20:00h e a presentación correrá a cargo do director e comisario Francisco Porto acompañado do resto de autoridades. Exporánse varias pezas dos seguintes videoartistas: Patricia Esquivias (videoartista que vén de participar no Museo Reina Sofía e estará a mediados do mes de xuño no CGAC (Santiago de Compostela), Branca Graza, Albert Merino, Nuno Sousa e Anna Katharina. Esta primeira xornada visualizará diferentes formas de traballar no videoarte tanto no ámbito nacional como internacional.

A segunda xornada, sábado 10 de xuño, terá o seu comezo ás 18:00h e contará con máis de 10 artistas que comentarán ao final das proxeccións cada unha das súas pezas. Este espazo de videoarte comentado quere interactuar co público presente directamente. Os artistas que participarán son os seguintes: Laura García Quella, Ana Pérez Valdés, Ignacio Rivoira, Jorge Leonardo Sánchez, Alejandro Villar, Catarina Mosquera Pena, Andrea Torres, André Anta Pereira, Nilo Arias e Xoán Anleo.

Previamente presentarase o trailer de Manu Viqueira “O Pasatempo”, un fashion filme no que o parque temático é o protagonista. Tamén contaremos coa profesora e videoartista Sol Alonso na que poñerá de relevo en contexto do videoarte e a Universidade.

A reserva de butacas `pode facerse na seguinte dirección https://www.ticketea.com/entradas-festival-betafest/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies