займ срочно

Movendo os marcos: Desconcerto na praia, o San Xoán na Illa de Arousa

0
Non tedes necesidade de sair da bisbarra de Compostela para pasalo ben pero si, por algunha extraña razon, o facedes aquí tedes algunha idea

O sábado 23 de xuño, noite de San Xoán, Desconcierto Cultural celebra a sexta edición do Desconcerto na Praia, un evento de balde na Illa de Arousa, co que a Asociación celebra un ano máis de programación musical.

Desconcerto na Praia é unha xornada de concertos con algunhas das máis interesantes novas bandas galegas, nun recóndito e paridisíaco recuncho da Illa. Unha xornada chea de música, praia, natureza, e como non, estando na Illa, mexillóns, churrasco e demais viandas estivais.

Este ano a cita conta cun novo chiringo, cunhas instalacións máis completas, a pé de praia, e cunha oferta gastronómica que promete. E por suposto, non faltarán as mellores pinchadas e unha boa cacharela!

Desconcerto na Praia discorre ao longo de todo o día, dende as 13:00h ata ben entrada a madrugada, e se ben é un evento de balde, a organización precisa ter unha estimación do número de asistentes para que o chiringo conte con provisións para todos, polo que para asistir piden que fagas a túa reserva neste enlace se tes a intención de vir.

A organización presentará proximamente o cartel nas redes sociais e as persoas que reserven entrada recibirán un correo coa ubicación exacta na Illa.

Desconcerto na Praia tamén é un lugar perfecto ao que acudir cos cativos a pasar o día.  E se queres facer noite, teñen unha zona de acampada!

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies