займ срочно

Movendo os Marcos: 4º Festival Agrocuir en Monterroso

0

Monterroso, 25 de agosto do 2017 – Desde hoxe Monterroso acolle a cuarta edición do antigo festival agrogay renomeado como 4º Festival agrocuir

imaxe da edición do 2016

imaxe da edición do 2016

O agrocuir acolle un completo programa de actividades, que mañá sábado terá o seu día grande na Granxa Maruxa, con Mercedes Peón, Rodrigo Cuevas, Tanxugueiras e moito máis

 A praza do froito de Monterroso acolle hoxe, ás 20h, o arranque do 4ª Festival Agrocuir da Ulloa cunha performance multidisciplinar que dará paso aos concertos gratuítos de Radio Cos e de Silvia Penide. A vila converterase, así, un ano máis, na capital mundial do Agrocuir, demostrando, de novo, que o rural galego “entende”.

Abrirá a programación musical do festival a cantautora Silvia Penide, ás 20h30, coas súas cancións pop contundentes, cheas de matices e moi coidadas. Seguirana os coñecidos e recoñecidos cantantes e pandereteiros Quique Peón e Xurxo Fernandes, que chegan á capital mundial do agrocuir co seu segundo traballo, Pasatempo, debaixo do brazo. Radio Cos fará vibrar a vila luguesa coa súa revisión das cancións tradicionais de Galicia, un repertorio que é froito do seu traballo de investigación etnográfica e máis da súa vontade de facer evolucionar a música galega de raíz de forma natural.

Radio Cos

Radio Cos

O 4ª Festival Agrocuir da Ulloa está dedicado á defensa do bosque autóctono e á loita do colectivo trans. O festival transita dende o “agrogay” cara ao “agrocuir”, nun intento de “abrir o abanico de posibilidades de existir, sen xénero que determine se es home, muller, lesbiana, gay, aldeán, urbanita, travesti, transexual, hetero ou calquera das denominacións nas que debemos encaixar para ordear, clasificar, cuantificar a cultural natureza humana”. “Somos cuirs”, resume Laura Halçague, “porque valoramos a liberdade de sentir, de ser o que cada un desexa”. E recupera, tamén, a bandeira de oito cores, que é a bandeira orixinal que representaba o movemento LGTBIQ. “Perdéronse dúas cores polo camiño”, explica Gina Gisbert, “o rosa e o azul claro, que representaban precisamente a bandeira trans”. “O colectivo trans”, abunda, “foi moi relegado dentro do movemento, a pesar de ser precisamente os que iniciaron a loita”. Por iso, este ano o festival dedica os seus premios á visibilidade desta edición ao colectivo trans.

O sábado a festa continúa na Granxa Maruxa

O sábado 26, xa de boa mañá, a Granxa Maruxa acollerá un obradoiro de baile tradicional con Gabi Reboredo e un taller básico de cordas co colectivo Encorda2, ambos os dous ás 11h. Ao mediodía, haberá sesión vermú coas pandereteiras galegas Tanxugueiras, que se fixeron virais hai uns meses cun vídeo gravado por un músico escocés nos camerinos do festival Celtic Connections. E a partir das 13h, actividades lúdico-educativas coa Escola Semente e unha táboa redonda sobre conservación do bosque autóctono, defensa do territorio e alternativas sustentables. Despois do xantar colectivo na carballeira da Granxa, proxectarase o derradeiro filme do ciclo de cine LGTBIQ, ás 15h; haberá un contacontos musicalizado coa Escola Semente, ás 16; e a actuación do cabareteiro rural Rodrigo Cuevas, coñecido como “o Freddie Mercury do folclore asturiano”, ás 18h. Ás 19h terá lugar a lectura do manifesto e a entrega dos premios á visibilidade e seguirá a actuación estelar da que é, sen dúbida, a compositora galega con maio proxección internacional, Mercedes Peón. Pola noite, a festa trasladarase á vila de Monterroso, cos cantos de taberna e o peche na Peneda, a cargo de Moreno-Moreno Dj, Dj Forestal e máis sorpresas.

As actividaes na vila de Monterroso serán gratuítas, pero o aforo da Granxa Maruxa é reducido, polo que para as actividades do sábado haberá que mercar entrada, que custará 7 euros. O colectivo Agrocuir non ten ánimo de lucro, todos os ingresos obtidos serán destinados a cubrir os gastos do evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies