Movendo os marcos: Fisterra Blues Experiencie

0

Fisterra, 14 de xuño do 2017 – Seguindo movendo os marcos e propoñemos algo de blues nun sitio incrible como a Costa da Morte, o Fisterra Blues Experiencie.

Fisterra acollerá do 30 de xuño ao 1 de xullo o Fisterra Blues Experiencie un festival que é máis que un festival. É unha experiencia que nos traerá o son do Atlántico, o Blues. Un evento para un territorio no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais, con obradoiros para toda a familia, viaxes en barco e moito máis.

Este evento foi presentado en rolda de prensa por Javier Turnes, director artístico do Festival; Teresa Fernández, concelleira de Cultura; Xan Carlos Sar, tenente de alcalde; e José Marcote Suárez, alcalde de Fisterra.

A primeira edición dese festival terá como cabeza de cartel a unha lenda vida do swamp blues (blues do pantano), Lazy Lester, que chega desde Louisiana acompañado pola súa banda en España, Lazy Boots. Autor de clásicos que foron versionados por grandes grupos como The Kinks, é toda unha experiencia velo nos seus directos, onde segue a congregar fans de todo o mundo, co seu inconfundible estilo.

Desde Estados Unidos tamén chega Greg Izor, unha das potencias emerxentes entre os harmonicistas de blues, que mestura sons de Louisiana, Chicago e Texas, cun estilo persoal, tradicional e fresco. Lidera varias formacións ademais da súa banda principal en Austin, The Box Kickers. Desde hai anos, tamén é frontman dos lexendarios Anson Funderburgh & the Rockets. Estará acompañado polo vasco Iker Piris (Tolosa, 1979), líder de The Romanticos, que conta con tres discos no mercado e participou nos principais festivais europeos de blues.

Outro dos puntos fortes do Fisterra Blues Experiencie será a banda residente do festival, a Fisterra Blues Experience House Band, creada en Madrid expresamente para este evento e presentada na sala Intruso de Madrid o 31 de maio.

Pola banda galega chegan os Bakin’ Blues Big Band liderados por Javier Turnes, tamén director do festival. A Bakin’ naceu en 2008 en Santiago de Compostela e medrou nos diferentes clubs da cidade até participar en festivais de toda a Península.

E, por último, tamén participarán Sabela King & The HeartBreakers, o trío formado por Sabela King, Ramón Figueira “Figui” e Benjamín Vázquez. Estilisticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50 e dos 60, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais a un formato reducido.

Outras actividades

Alén da programación musical, tamén haberá jam sessions por toda a vila, obradoiros para toda a familia (un didáctico para nenos e nenas e outro de baile), ademais dun roteiro gastronómico, unha feira de artesanía e mesmo viaxes en barco con música blues en directo.

A primeira edición deste Fisterra Blues Experience está organizada polo Concello de Fisterra, coa colaboración da Deputación da Coruña, da Sociedade de Blues de Compostela e a Sociedad de Blues de Madrid.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial