Movendo os marcos: IIª Feira do Pan do Porriño

0

Seguimos incorporando citas máis alá da bisbarra, movendo os marcos para recomendar citas de todo tipo para disfrutar na fin de semana como a Feira do Pan do Porriño

Hoxe falamos da IIª Feira do Pan do Porriño, que foi  presentada oficialmente no salón de plenos do Concello do Porriño coa presencia da Alcaldesa Eva García, o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, a xerente de ACIPOR, Noelia Conde, e as 8 panaderías que participan este ano na feira: Argibay, Chinchina, Troca, Erundina, Muiño de Mosende, Progreso, Torneiros e Amaquía.

Os panadeiros reunidos no seu novo Consello Rector do Pan do Porriño, aspiran a convertir o pan porriñés nun pan referente a nivel galego e español nunha feira que tivo unha fantástiva acollida na súa primeira edición e que agarda consolidarse nesta segunda.

 Hoxe e mañá o pan será o protagonista, comezando cunha xornada sectorial sobre pan e panadería  en temas como emprendemento, o pan como elemento de saúde, as fariñas tradicionais ou a formación no sector, para logo pechar esta xornada inaugural cun video que baixo o título “Panadeiros do Porriño: paixon e tradición”, quere rendir homenaxe a labor destes artesáns. Esta xornada será tamén o intre no que se presentará públicamente a etiqueta Pan do Porriño, que nas vindeiras semáns, aparecerá no pan certificado das panaderías participantes no Consello Regulador do Pan do Porriño.

Mañá sábado será o día grande da Feira. Dende as 10 da mañá, os postos estarán abertos. As 11 un pasarúas da banda de Música de Valladares rematará cun concerto na praza do Cristo onde interpretarán o “Pasodoble Porriño” do compositor Rogelio Groba, e de seguido, o pregón da festa ao que seguirá o Show Cooking de maridaxe de productos con pan do Porriño, que esta ano correrá a cargo de alumnos da escola EFA A Cancela de As Neves.

Asimesmo, seguindo coa tradición do “PANIDAXE”, este ano as marcas convidadas a maridar co Pan do Porriño na Feira do Pan son: Obrador de Lamprea, Conservas Orpagu Gourmet, Requesón de As Neves, Cervexa Artesana A Curuxa, Embutidos Galegos Distapor, Bodegas Eidosela, Xamón de Castaña de Coren, Mermeladas O Sabugueiro, e Mel Api Roma.

 A tarde terá como protagonistas aos máis pequenos coa celebración do IIª Mini Pan, un obradoiro de pan gratuito para nenos e nenas que este ano se realiza co apoio da empresa Muiño de Cuiña, unha das empresas que produce unha das mellores fariñas “páis” de Galicia. De seguido, terá lugar unha Master Class de panadería para todos aqueles que queiran coñecer cómo se fai pan do Porriño e algún outro produto de panadería. A feira pechará as súas portas coa actuación do grupo de teatro Circo Chosco coa obra “Forzu2”.

A feira contará tamén con actividades para nenos e por primeira vez cunha zona de Food Trucks, neste caso, coa presenza de “A Pulponeta”. Para os visitantes, habilitaranse mesas para poder xantar na propia feira.

 Dende o Concello do Porriño, tanto a Alcaldesa como o Concelleiro de Industria e Comercio, destacaron o esforzó e cariño con que os panadeiros e ACIPOR están erguendo un evento con vocación de continuidade referente a nivel galego e no que o Concello está implicado ao 100% , ao igual que esta no, a Deputación de Pontevedra. Pola súa parte, ACIPOR e Panadeiros, agardan que este ano aumenten os vistantes e animaron aos veciños a disfrutar do evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial