займ срочно

Movendo os marcos: O Jazz Filloa acolle a gran voz de Sheila Jordan

0

Recuperamos unha sección que te aconsella onde ir,  porque si vas saír da bisbarra que mereza a pena. O facemos na vila de Coruña porque alí estará este mércores a gran dama do jazz Sheila Jordan.  

Trátase dunha oportunidade única para ver a unha artista que é parte ineludible da historia do jazz.  Sheila Jordan aos seus 90 anos segue estando en plena forma e fará dous pases, 22.00 e 23.30,  no Jazz Filloa da capital herculina.

Charlie “ Bird” Parker, un dos mellores saxofonistas da historia do jazz, dixo de Jordan que era “a cantante cun oído dun millón de dólares”. De feito, a carreira da artista non se pode entender sen este virtuoso saxofonista, desde que “ Bird” viuna actuar nun club de Detroit. Nesta cidade comeza Jordan a cantar desde moi nova e nos anos 50 trasládase a Nova York, onde traballa como mecanógrafa nunha axencia de publicidade e polas noites actúa nun bar gai no Greenwich Village. Durante estes anos fórmase con artistas como Lennie Tristano, ademais de manter unha estreita amizade con Parker, que lle levou a ver de primeira man o declive do gran saxofonista que morreu aos 34 anos.

A principios da década dos 60, Sheila Jordan publica os seus primeiros discos, como “ The Outer View”, con George Russell e no que inclúe unha soada versión de “ You are My Sunshine”. Despois, canta con frecuencia en igrexas e participa no grupo do trombonista Roswel Rudd, canta a dúo con Jeanne Le e contribúe á ópera-jazz “ Escalator over the Hill” de Carla Bley. Nun momento dado, a súa carreira detense e comeza a beber en exceso, ata que ingresa en Alcohólicos Anónimos e deixa definitivamente a bebida en 1978, desde ese ano, dedícase en exclusiva á música e un ano antes grava un álbum con Arild Andersen. Empeza a actuar en clubs de jazz de Nova York como o Birdland, Village Vanguard ou o Blue Note, ademais de ter unha gran demanda de actuacións nos festivais do xénero de todo o mundo.

Subiuse aos escenarios de festivais de jazz en Austria, Checoslovaquia, Inglaterra ou Xapón. Grava o seu primeiro álbum en dúo, coa colaboración do baixo Harvie Swartz en 1983 e en 1998 intégrase co trío de Steve Kuhn –David Finck e Billy Drummond-. Dirixe desde 1978 os talleres de jazz do City College de Nova York e os programas do festival de jazz da Universidade de Massachusetts, ademais de dar clase na universidade de Stanford. Judi Silvano e Sabine Kühlich foron algunha das súas alumnas.

En 1995, o cineasta Cade Bursell realiza un documental sobre a súa vida “ Sheila Jordan: Na voz dunha muller”. Ellen Johnson publica a súa biografía en 2014: “Jazz Child: A Portrait of Sheila Jordan”. Cun currículo case imposible de resumir, Sheila Jordan chega ao Jazz Filloa este mércores 25 de abril para dar un concerto único, acompañada por César Latorre ao piano e Goracio García no contrabaixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies