As obras das mulleres compositoras co Trío Adartia no Paraninfo

0

Compostela, 6 de marzo do 2018 – Para rachar con este silencio, a Universidade de Santiago organiza este mércores 7 o concerto Mulleres compositoras. Música en feminino, que propón un percorrido pola historia que permita revivir as obras desas mulleres que, nunha sociedade que non as comprendía, se dedicaron á complicada arte da composición acadando excelentes resultados.

O recital Mulleres Compositoras, ás 20.30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia con entrada libre, correrá a cargo de Adartia, un trío de frauta, violonchelo e piano nacido en 2009 e formado por intérpretes de gran experiencia no mundo artístico e musical. Sen esquecer as obras dos grandes compositores, o trío Adartia xurde coa intención de favorecer a difusión dun repertorio pouco coñecido e a miúdo esquecido, pero de enorme interese histórico e musical como é o da música composta por mulleres ao longo da historia.

Baixo esta premisa, o repertorio inclúe diferentes estilos e épocas, desde o Barroco ata a creación actual. Soarán pezas de Ana Amalia Von Preusen, Leopoldine Blahetka, Louise Farrenc, Mel Bonis, Chantal Auber e Merce Torrents.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial