займ срочно

Municipais 2019: día 11, última semana

0

Bisbarra, 20 maio 2019 – Comeza a última semana de campaña, cinco días para dalo todo e nos que a intensidade crece con cada declaración e cada promesa.

Bisbarra

Teo

Na bisbarra a semana comeza cos ecos do debate organizado pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos sobre os problemas derivados da canteira de Calo. Tal e como a Plataforma explica en nota de prensa O BNG, PSOE e Son de Teo coincidiron na necesidade de cambios lexislativos a nivel autonómico e estatal para evitar definitivamente que se engadan 9.000 toneladas de residuos na antiga canteira da Casalonga transformando esta nun vertedoiro encuberto. O candidato do PP acusou ao concello pola lentitude nas súas xestións e por deslealdade, e valorou a necesidade de cambiar o PXOM. Os candidatos de Compromiso por Galicia e Equo manifestaron o seu rexeitamento á instalación dun vertedoiro na canteira e valoraron o traballo da plataforma, aspectos nos que coincidiron tamén os outros candidatos. Tal e como explicou o actual alcalde e que refrendaron tanto PSOE como BNG, un cambio no PXOM non garante a solución ao problema pois hai unha normativa vixente (de nivel estatal) que antepón a concesión mineira ao Plan Xeral de calquera municipio, tendo que adaptarse este ás necesidades mineiras e non ao revés.

Silleda

Os socialistas silledenses seguen dando a coñecer o seu programa electoral. En materia medioambiental, a aposta pola sostenibilidade continúa logo de inversións como a Rede de Calor con Biomasa, a única de carácter público-privado en Galicia que comezou a funcionar en outubro do pasado ano. Os socialistas apostan por realizar unha segunda fase desta dotación que ademais dunha planta de procesado de astilla, incluirá a extensión da Rede ata a rúa Progreso, onde se construirá nun futuro a Casa Consistorial.

Santiago

Esta é a campaña dos debates, en múltiples espazos e medios públicos e privados e, case sempre, coa presenza dos grupos con representación no concello. Case sempre porque Compromiso por Galicia ven de presentar unha reclamación ante a Xunta Electoral de Zona porque esta tarde nun deses debates invitouse a Ciudadanos e non a Compromiso. Dende Compromiso apunta a que non se está a cumprir o artigo 66 da LOREG, así como o incumprimento da instrución do 2011 que concede un trato especial as forzas extraparlamentarias que teñan consideración de grupo significativo como e o caso de Compromiso, ao contar con dúas alcaldías e 43 concelleiros. No último momento Ciudadanos decidiu non participar tras a denuncia de Compromiso pero ata esta tarde pode pasar de todo. O debate é no Centro Sociocultural de Fontiñas a partir das oito.

Axenda Santiago

Compostela Aberta

19h 00 Local Social das Cancelas

Acto aberto coa veciñanza de As Cancelas. Participan Branca Novo, concelleira de Acción Cultural e candidata; Xan

Duro, concelleiro de Medio Ambiente e candidato e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

20h 00 Local da Asociación Veciñal Álvaro Cunqueiro

Acto aberto coa veciñanza de Vista Alegre. Participan María Luz López Pardal, candidata; Xan Duro, concelleiro de

Medio Ambiente e candidato; Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais e candidata e Jorge Duarte, concelleiro

de Espazos Cidadáns e candidato.

21h15 Centro Cívico José Saramago

Acto aberto coa veciñanza de Vite. Participan Álex Botello, candidato; Concha Fernández, concelleira de Políticas

Sociais e candidata; Branca Novo, concelleira de Acción Cultural e candidata; Jorge Duarte, concelleiro de Espazos

Cidadáns e candidato e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

Psoe

17:30 h. Encontro coa USC, no que participa o candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; e Sindo Guinarte, Noa Díaz, Mercedes Rosón, Esther Pedrosa; e Juan Suárez Quintanilla, membros da súa candidatura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies