Municipais 2019: día 12, os vídeos toman a campaña

0

Bisbarra, 21 maio 2019 – Un vídeo de Xosé Sánchez Bugallo explicando como, de acordo con Agustín Hernández, parou a adxudicación da depurado na campaña do 2011 entraba en campaña a última hora de onte.

Santiago

O debate de este luns no centro sociocultural de Fontiñas tivo un protagonista inesperado que só lembrarán os afeccionados ao fútbol. José María Caneda, o presidente que levou á SD Compostela a primeira división, e que tamén deixou unha pésima imaxe da cidade pelexando con Jesús Gil,  comezaba a gritar no medio do debate reclamándolle a Bugallo, e a Pérez Varela, os cartos comprometidos co equipo nos tempos en que él o dirixía.

Pero despois do debate outro vídeo comezaba a circular pola rede e motivaba unha nota de Compostela Aberta pedindo explicacións. O vídeo fora colgado polo Psoe en Facebook e en el Xosé Sánchez Bugallo explica que no 2011, con tódolos trámites completados, aceptou non seguir co proceso de adxudicación da depuradora ata despois das eleccións. Un dato polo que deberían dar explicacións tanto o candidato socialista como o popular.

Bisbarra

Na bisbarra outra nova, non relacionada directamente coa campaña, pode influír tamén nos comicios. O Psoe de A Baña atopouse, amontoados no ascensor dun centro social, con moreas de documentos con datos persoais de funcionarios do concello. Calquera que pasara polo local podería ter acceso a nóminas, números de conta, etc. Unha neglixencia que non se sabe que incidencia pode ter na campaña pero que, según o Psoe, levarán as autoridades.

Axenda Santiago

Compostela Aberta

21h15 Sala Capitol

Compos Late Night Show. Acto central de campaña de Compostela Aberta, coa participación de Martiño Noriega e o resto de membros da candidatura.

PP

13:00 percorrido pola zona vella con González Pons

20:00 encontro no casco histórico

Psoe

20:00 h. A candidatura de Sánchez Bugallo mantén un encontro cos veciños de Marrozos, O Eixo e Bornais.

Lugar. Campo da Festa de Marrozos. 

20:30 h. A candidatura de Sánchez Bugallo mantén un encontro cos veciños do Castiñeiriño

Lugar: Centro Sociocultural do Castiñeiriño “Agustín Bueno”. Rúa da Virxe de Fátima, 2.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial