Municipais 2019: día 13, complexos deportivos

0

Bisbarra, 22 maio 2019 – Nos últimos días presentáronse 3 complexos deportivos que inclúen desde piscina a despachos, salas de maquinas ou pistas de atletismo, un en Ames e dous en Compostela.

Santiago

Ao igual que fixera o candidato do PP de Ames o luns na zona de Biduido, onte martes tanto PP como Psoe propuxeron onte un complexo deportivo en este caso no barrio de Santa Marta. Ambos os dous partidos coinciden na ubicación, ao carón do actual aparcadoiro de borde, nunha finca de titularidade municipal. Piscina cuberta, salas para distintos deportes e despachos para clubs son algunhas das propostas que se presentan. Tal vez unha das diferencias é no tamaño da piscina que no caso dos populares plantéase de 50 metros, buscado un perfil que permita entrenamentos de alto rendemento, e a socialista de 25 metros que se considera suficiente para o tipo de poboación da cidade.

Bisbarra

En Ames celebrábase onte un debate con tódolos candidatos, excepto a de Compromiso x Galicia que dixo ter outros actos previstos, e que podedes escoitar no seguinte enlace.

Tamén en Ames o PP presentaba o luns un macroproxecto de complexo deportivo que se situaría en Biduido, a cinco minutos en coche de Milladoiro e Bertamiráns, e que tería desde pista de atletismo a piscina cuberta. Levaría ademáis transporte gratuíto para os censados no concello que uniría tamén Bertamiráns con Milladoiro. Un proxecto cunha inversión prevista de 6 millóns de euros.

Axenda Santiago

BNG

20:30 no Centro Sociocultural da Pontepedriña. Acto público con Goretti Sanmartín, Lois Calvelo e Pilar Lueiro.

Compostela Aberta

20h00 Explanada ao lado da  ponte  do Sar

Acto aberto coa veciñanza de Sar.  Participan Concha Fernández, concelleira   de Políticas Sociais e candidata;   Rafa    Peña, concelleiro de Medio Rural e candidato e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

21h00 No cruce entre Algalia  de Arriba e San Miguel dos Agros

Acto aberto  coa veciñanza da Cidade Histórica. Participan Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns          e candidato;  Chus Acivro, veciña       do  barrio  e candidata; Marta Lois, concelleira de Turismo e candidata e     Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

PP

Percorrido pola praza de abastos, recinto de Amio e Ensanche e reunións con colectivos xitanos, deportivos e do mundo da cultura.

Psoe

20:30 h. O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e membros da súa candidatura, manteñen un encontro cos veciños de Santa Marta.

Lugar: Centro Sociocultural de Santa Marta. Rúa de Antonio Rama Seoane, 6.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial