Municipais 2019: día 14, apurando o tempo antes do peche de campaña

0

Bisbarra, 23 maio 2019 – Os partidos apuran os dous últimos días e prepáranse para o peche de campaña.

Santiago

Compostela Aberta presentou as ideas xerais no ámbito do turismo e que se concretan en converter Santiago nunha cidade pioneira en medir o Índice do Progreso Social do Turismo que permitirá coñecer o          impacto do turismo. A creación da certificación “Compostela Responsable”, par empresas que cumpran       con criterios sociais e ambientais xustos; e o reforzo da inspección e control sobre os apartamentos turísticos.

O PP centrouse no transporte público e comprométese a co retraso da modernización da flota, advirte das deficiencias detectadas nos autobuses, 325 en 41 vehículos, e inclúe melloras nas conexións e frecuencias, maior información e fiabilidade, melloras tecnolóxicas e de accesibilidade, a ampliación de bonificacións e a gratuidade para menores de 19 anos. 

O Psoe presentou o programa barrios que entre outras medidas propón un novo centro escolar na zona sur, unha policía de barrio e completar as actuacións nas Brañas do Sar.

O candidato de Compromiso, Xoan Bascuas, reuniuse cos veciños de Pontepedriña con quen tratou os problemas de acceso á axudas para a Área de Rehabilitación Integral, o financiamento dos ascensores das vivendas protexidas, a reurbanización da zona, os problemas que se poden dar a partir da remodelación de Clara Campoamor, ou a localización das paradas dos buses e a súa frecuencia. Con anterioridade, unha delegación de Compromiso tivo a oportunidade de entrevistarse cos responsábeis da sede santiaguesa da Fundación do Secretariado Xitano. entre outras cousas, falaron o funcionamento dos programas de inserción laboral, de promoción educativa e de empoderamento da muller xitana.

Bisbarra

En Arzúa a liorta ven pola banda de Compromiso e Alternativa por Arzua, quen goberna na actualidade; a xunta electoral de zona obriga a compromiso a retirar as pancartas colocadas polo concello pola mesma razón que en outras vilas: que no teñen representación na corporación actual.

Axenda Santiago

BNG

20:30 en Conxo. Acto público con Goretti Sanmartín, Xesús Domínguez e Xosé Quintáns

Compostela Aberta

20h00 Centro Cívico de Santa Marta. Acto aberto coa veciñanza de Santa Marta. Participan Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente e candidato; Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais e candidata e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

21h00 Praza Roxa (Centro Cívico do Ensanche en caso de chuvia). Acto aberto  coa veciñanza do Ensanche. Participan Xosé R. Fandiño        ‘Morris’, veciño    do barrio candidato; Marta Lois, concelleira de turismo e candidata; Álex Botello veciño do barrio e candidato     e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

PP

10,00 horas.- Visita mercadillo de Salgueirinos Asistentes: Agustin Hernández María Antón Pedro Rey María Castelao

11,00 horas. Recorrido Pombal/Carmen de Abaixo/ S Lourenzo/ Galeras. José Ramón de la Fuente Beatriz Cigarrán Alejandro Sánchez-Brunete

17,30 horas.- Recorrido por el Ensanche . Agustín Hernández Beatriz Cigarrán Alejandro Sánchez-Brunete Maria Castelao Pedro Rey Maria Antón

17,30 horas.- Recorrido Viso/Cancelas/Monte de Deus. Ana Sabel Yolanda Otero Juan Carlos Bermúdez Raquel Barreiro

21,00 horas.- Reunión Bando. LSC Bando Domingo Cepeda. Agustin Hernández Juan Carlos Bermúdez Manuel Ventosa Ana Sabel

Psoe

16:30 h. A número 2 da candidatura, Mercedes Rosón, participa no debate sobre Patrimonio no CSIC. Centro Sociocultural do Ensanche. Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16.

20:30 h. O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e membros da súa candidatura, manteñen un encontro cos veciños de Fontiñas. Centro Sociocultural de Fontiñas. Rúa de Berlín, 13.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial