Municipais 2019: día 15, non vai máis

0

Bisbarra, 24 maio 2019 – Non vai máis, remata a campaña e os candidatos en boa medida están desexando descansar tanto como os eleitores.

Santiago

O Partido Popular presentou as súas iniciativas para o aparcamento do Hospital Clínico que pasan por ordenar e regular as prazas en superficie, negociar a rebaixa de tarifas do aparcamento de pago, potenciar o uso da superficie disuasoria de Santa Marta e, en último termo, construír un novo aparcamento.

Psoe. O candidato Xosé Sánchez Bugallo presentou o seu programa de comercio para a cidade. Un Plan Estratéxico de Comercio que pretende reforzar a actividade comercial con políticas urbanísticas e de mobilidade; un Plan de dinamización e renovación comercial da Cidade Histórica; outro que integre a dimensión comercial do Ensanche; e fomentar o recoñecemento de Área Central como grande superficie comercial vinculándoa As Cancelas, cunha oferta comercial e de ocio atractiva e diferente.

Axenda Santiago

Ciudadanos

18:00 La candidata de Cs a la alcaldía de Santiago de Compostela, dará un paseo ciudadano por la Alameda.

Alameda, Santiago de Compostela   

Compostela Aberta

21h00 Parque Begoña Caamaño

Acto aberto e de peche de campaña coa veciñanza das Fontiñas. Participan Flora Miranda, veciña do barrio e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia; Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais e candidata; Marta Lois, concelleira de Igualdade e candidata e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

22h30 Praza 8 de marzo

Festa da alegría: acto aberto á cidadanía na Praza 8 de marzo para pechar a campaña, con música, humor e petiscos. Participan o alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega, acompañado de membros da candidatura.

PP

09:00 Encontro cos medios coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo

Psoe

20:30 h. O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e membros da súa candidatura, manteñen un encontro cos veciños de Pontepedriña.

Parque de Eugenio Granell  (a carón da residencia de maiores Fundación José Otero Carmela Martínez)

23:30 h. Peche de campaña da candidatura de Xosé Sánchez Bugallo. Praza Roxa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial