Municipais 2019: día 7, enredados na rede

0

Bisbarra, 16 maio 2019 – Desde hai tempo lévase falando da importancia das redes sociais en cada elección que pasa. Facebook, Twitter ou Instagram están tomados polos partidos e candidatos. Nunca antes fora tan evidente a preocupación dos políticos pola influencia da rede.

Bisbarra

Ames

O perfil de Facebook “Forza PL” ven de enviar, por esa rede, aos candidatos de Ames unha mensaxe apra que expliquen as medidas sobre seguridade que pensan tomar. Explican que o perfil o integran 500 persoas, que o que digan será transmitido con total parcialidade e poñen como limitación que sexan cousas que poidan facer desde o goberno, sen colaboracións de outras administracións. Estas son as cuestión plantexadas

1- De ser elexido Alcalde ou Alcaldesa de Ames, que faría para mellorar a seguridade no Concello? Como a melloraría nas aldeas e en Bertamiráns e Milladoiro? 2 – Que cambios faría, de ser necesarios, na operativa da Policía Local? 3 – Que medidas propón para que Ames conte cun servizo de Bombeiros? 4 – Como melloraría a seguridade viaria, retencións, etc? 5 – Explique como iría executando, ano a ano, as medidas expostas. 6 – Se queren expoñer outras propostas serán benvidas.

Tamén en Ames o Psoe presentaba en rolda de prensa un programa de goberno de 130 medidas. A preguntas dos xornalistas o candidato, José Miñones, descartaba as propostas de fusión de municipios e dicía preferir convenios de colaboración como o que dou como resultado o proxecto IserAmes Brión. Avanzaba que teñen un plan B si o parque de bombeiros comarcal segue sen ser permitido e prefería agardar aos resultados antes de falar de pactos aínda que aseguraba falar con todo o mundo.

O PP anunciaba unha presentación para o próximo luns 20 que califican como a máis ambiciosa feita nunca no concello. Contarán con dúas concelleiras e falarase da comunicación entre os núcleos de Milladoiro e Bertamiráns. Por outra banda o candidato Ramón García Argibay e o

Conselleiro de Industria, Francisco Conde reuníronse coa a asociación de empresarios do Polígono Novo Milladoiro. Argibay comprometeuse a crear un departamento de atención en exclusiva para as empresas, autónomos e emprendedores, así como a impulsar a construción do “falso túnel” do que xa hai un proxecto en mans do Ministerio de Fomento.

Ordes

O BNG denuncia, por medio dos perfís dos seus concelleiros, que a páxina de Facebook do partido foi bloqueada. É a que máis seguidores ten, 2.800, dos partidos presentes na corporación. Estes bloqueos soen producirse de xeito automático provocados por algunha denuncia aínda que o bloqueado non pode saber quen a fixo e as razóns exactas.

A Estrada

O BNG presenta unha proposta na que “Poñeremos en marcha os núcleos de centralidade parroquial para dinamizar a vida socio-cultural das parroquias”. Este plan busca, de acordo coas entidades e veciños e veciñas, remodelar eses espazos nos que se desenvolve a actividade socio-cultural nas parroquias para facelos máis habitábeis e útiles, cunha remodelación integral deses espazos. Entrarían dentro deste plan por exemplo a escola de Santo André de Vea, nas que desenvolve as súas actividades Tamparrantán ou as mulleres rurais, a de Couso, nas que traballa A Xesteira, en Ouzande, en Orazo, entre outras parroquias.

Santiago

Compostela Aberta presentou unha de garantía infantil e un Centro de Atención ás persoas sen fogar. Anticiparon tamén a consolidación das “medidas impulsadas durante este mandato, que se caracterizou por colocar ás persoas no centro das políticas públicas, pasando de investir 77 a 111 euros por habitante e ano”. Tamén se proxectarán, se chegan a alcaldía, dous centros de día, un no edificio do vello Peleteiro e o outro no barrio de Galeras.

O PP anunciou a creación da Concellería de Familia, que centralizará as políticas de conciliación, infancia e maiores. O candidato Agustín Hernández destacou que, a través deste organismo, instaurarase o Programa “Rexuvenece Santiago”, que supón un conxunto de medidas que buscan incentivar a natalidade e apoiar a crianza dos fillos

Traballarase para reducir o custe da matrícula nas escolas infantís municipais para o segundo e os seguintes fillos; promoveranse bonificacións no recibo da auga para as familias numerosas; e incrementaranse as bolsas de comedor, entre outras accións.

O Psoe presentou as medidas de acción social. Tres novos centros de día, unha nova residencia de maiores, un fondo de emerxencia para

atender as demandas máis urxentes a nivel social, un servizo de comedor a domicilio e unha unidade móbil para cubrir as necesidades dos distintos núcleos rurais son algunhas das propostas presentadas polo candidato a alcaldía de, Xosé A. Sánchez Bugallo, e Mila Castro, número 3 da candidatura. Onte o Psoe tivo tamén o acto central de campaña a última hora da tarde coa presenza do ministro de Fomento José Luís Ábalos que é ademais o Secretario de Organización Nacional.

Axenda

Santiago

BNG

Ás 20:00 no Centro Sociocultural de Santa Marta. Mitin central con Goretti Sanmartín, Ana Pontón, Ana Miranda, Rubén Cela e Navia Rivas.

Compostela Aberta

19h00 Local Social Domingo Cepeda, Bornais

Acto aberto coa veciñanza do Eixo. Participan o concelleiro de Medio Rural e candidato, Rafael Peña, a candidata Graciela Carro e o alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega.

20h00 Centro Cívico Agustín Bueno

Acto aberto coa veciñanza do Castiñeiriño. Participan o concelleiro de Espazos Cidadáns e candidato número 5, Jorge Duarte, a concelleira de Políticas Sociais e candidata número 8, Concha Fernández e o alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega.

21h15 Local Social Fco. García Veiga – Ardagán

Acto aberto coa veciñanza de Marrozos. Participan o concelleiro de Medio Rural e candidato, Rafael Peña, a candidata Graciela Carro e o alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega.

Psoe

20:30 h . A candidatura de Sánchez Bugallo mantén un encontro cos veciños de Vite, Vista Alegre, Romaño e Guadalupe.

Lugar: Centro Sociocultural de Vite. Rúa de Carlos Maside, 7.

Bisbarra

Touro

Psoe 21.30 h. Bar Nito.

Pilar Cancela, deputada electa

Aitor Bouza, secretario xeral de XSG

Gemma López de Fuentes, candidata á alcaldía de Touro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial