займ срочно

Municipais 2019: día 9, de campaña en fin de semana

0

Bisbarra, 18 maio 2019 – Pasou o Día das Letras Galegas e os políticos continúan coa campaña ao longo da fin de semana visitando barrios e presentando propostas de distintos tipos.

Bisbarra

A estrada

O BNG anuncia un Plan Municipal de Normalización da Lingua Galega que terá dúas liñas de actuación, unha interna para actuar na normalización no ámbito da administración local e outra social, para incrementar o uso e prestixio do galego en diversos ámbitos e sectores sociais.

Teo

O candidato do PP, José Manuel Guerra, aproveitou o Día das letras Galegas para anunciar un “modelo cultural apegado ás asociacións teenses e afastado de Chévere”. Como xa pasara no seu día en Compostela cando Conde Roa fora alcalde, Guerra quere evitar que Chévere sega no concello, sen explicar os motivos máis alá dos económicos, e pide que Uxía Lemus e Rafa Sisto aclaren antes das eleccións se renovarán o contrato á compañia que remata o vindeiro mes.

Vila de Cruces

Desde o BNG, coincidindo co Día dos Museos, o candidato Alex Fiuza aposta por revitalizar e por en valor os do concello, A Solaina de Piloño, a Fundación Neira Vilas de Gres e o Museo da minería de Fontao.

Santiago

Ciudadanos

Cs céntrase no comercio e a candidata, María Vilas, propón a creación dunha guía informativa onde se expliquen paso a paso os requisitos, trámites e procedementos para a solicitude e concesión de licenzas municipais, “Queremos potenciar a especialización, calidade e sustentabilidade dos nosos comercios tradicionais e facilitar a implantación de novos modelos de negocios”.

Compostela Aberta

Compostela Aberta anunciou que no próximo mandato impulsara medidas que teñen como obxectivo facilitar o acceso á cultura de toda a veciñanza, como a Axenda Cultural Única ou o Bono Cultural; e afondará en instrumentos para apoiar a creación e produción cultural propia, como a convocatoria de axudas por concorrencia competitiva ou as residencias artísticas.

PP

O Partido Popular presentou unha ambiciosa remodelación da Praza de Galicia, rúa da Senra e Hórreo e reuniuse cos colectivos de Conxo. O candidato, Agustín Hernández, concretou que, de obter a confianza dos santiagueses promoverá a recuperación do uso da zona do psiquiátrico, área de destacado valor arquitectónico e paisaxístico, que ademais sitúase en plena entrada do Camiño Portugués. Ademais das instalacións do Monasterio, do Psiquiátrico  e do Castelo de Rocha Forte, recuperarase o patrimonio máis descoñecido, con petróglifos, vellos muiños abandoados na ribera do Sar, o monte da Cruxeira, o antigo túnel do ferrocarril e sendas peonís.

Psoe

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de membros da súa candidatura, e de membros de Xuventudes Socialistas, participou no acto de conmemoración do Día Internacional contra a LGTBIfobia. Fixérono coa colocación dunha bandeira arco iris e un ramo de rosas vermellas xunto á estatua de Pablo Iglesias, fundador do PSOE.  O Psoe fixo tamén unha ofrenda floral a Antón Fraguas polo Día das Letras Galegas.

Axenda

 

Santiago

BNG

Ás 12:30 na Rocha. Acto público con Goretti Sanmartín, Navia Rivas e Xesús Domínguez.

Compostela Aberta

12h00 a 14h00 Sala Riquela

Acto sectorial: Compostela, territorio feminista.

20h00 Local Social na Sionlla

Acto aberto coa veciñanza de Enfesta. Participan Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns e candidato; Marta Lois, concelleira de Igualdade e candidata e Rafa Peña, concelleiro de Medio Rural e candidato.

20h00 Local Social de Carballal

Acto aberto coa veciñanza de Carballal. Participan Miguel Vilariño, traballador municipal e candidato; Graciela Carro, veciña do rural e candidata e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

21h00 Local Social da Lavacolla

Acto aberto coa veciñanza da Sabugueira. Participan Rafa Peña, concelleiro de Medio Rural e candidato; Graciela Carro, veciña do rural e candidata; Marta Lois, concelleira de Igualdade e candidata e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

PP

Percorrido polo Ensanche, Casco Histórico e Praza de Abastos e pola tarde encontro cos veciños de Marrozos.

Psoe

20:00 h. Local Social de Lamascal

O candidato, Xosé A. Sánchez Bugallo, e membros da súa candidatura, manteñen un encontro cos veciños e veciñas de Lamascal, Santa Cristina de Fecha, San Xoan de Fecha, Grixoa e A Peregrina.

Bisbarra

Ames

Psoe 18.00 h. Feira de Bertamiráns:

Paseo e reparto de información electoral, con Pilar Cancela (deputada electa) e José Miñones, candidato á alcaldía.

PP 19.00 Pazo da Peregrina

Ramón Argibay, candidato

A Estrada

PP 13.00 h. pavillón anexo ao Coto Ferreiro

Gonzalo Louzao, nº 10, Fabiola García, concelleira, José López, candidato, Alfonso Rueda, presidente provincial

O Pino

Psoe 20.30 h. local social de Budiño

Oroso

Psoe 13.00 h. Centro sociocultural Sigüeiro

Joanatan Rey Bouzón, veciño, Manuel Mirás, candidato

Psoe 21.00 h. local social de Marzoa

Vanesa Boo, concelleira, Jorge Suárez, veciño, Manuel Mirás, candidato

Teo

Psoe 20.30 h. local A Mamoa en Luo

Uxía Lemus, candidata

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies