Un muro cunha colmea de 1945 para Lousame

0

Lousame, 13 de febreiro do 2018 – Verdes de Galicia entrega ao Concello de Lousame un muro cunha colmea do 1945 e unha cepa de viña que formou parte do Stand de Galicia premiado en FITUR 2018.

A empresa Verdes de Galicia foi a responsable da decoración do stand de Galicia en FITUR 2018 e que conseguiu o premio como o mellor do certame. Unha das partes de esa ambientación consistía nun muro con pedra e musgos naturais onde nunha parte nace unha cepa de viña e na outra unha colmea de sobreira natural e datada en 1945, un muro que ven de se entregado pola empresa ao concello de Lousame como agasallo.

Tania Boychuk, representante de Verdes de Galicia, fixo entrega do muro á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. Unha construción que quedou instalada no exterior da Casa da Cultura Santeiros de Chave.

Ademais de agradecer o agasallo, Vilaverde Pais felicitou a Verdes de Galicia xa que “é unha satisfacción que unha empresa de Lousame colaborara na consecución dun premio tan importante como o de mellor stand de FITUR 2018 para o stan de Galicia” e lamentou que por cuestións persoais non puidera ter asistido á entrega do galardón.

Pola súa banda, Boychuk explicou que “para nós foi un reto realizar os traballos en vexetal para o stand de Galicia en FITUR 2018, un proxecto no que contamos coa colaboración do Concello de Lousame”. Tania Boychuk indicou que os traballos realizados en FITUR inclúen “un xardín vertical e natural de musgos verdes, hedras e helechos de 8 metros de ancho por 3,5 de altura; así como un xardín vertical e natural de musgos verdes e brancos, con algún helecho e camelia, cunha planta principal dun carballo cargado de cocas e folla de outono”.

A maiores, Verdes de Galicia tamén achegou cortiza, troncos e follas naturais de carballo ao stand do Camiño de Santiago, así como a decoración das zonas do Pazo de Oca, cun seto de camelia, e dos xardíns galegos, “cun toxo en flor que gustou moito”, explica Boychuk.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial