займ срочно

O Museo de Historia Natural achegará os máis cativos ao cheiro dos bosques

0

Compostela, 27 de xuño do 2019 –  O Museo de Historia Natural celebrará o próximo sábado 29 o obradoiro ‘O cheiro dos nosos bosques: plantas aromáticas’ dirixido a rapaces de 6 a 12 anos.

O cheiro dos bosques Celebrarase de 11.00 a 13.00 horas e estará impartido pola titulada en Bioloxía Silvia Romero Río. A reserva de prazas pode realizarse a través da web do Museo de Historia Natural.

A través dunha metodoloxía de descubrimento mediante actividades e xogos, o obradoiro axudará a coñecer características e curiosidades de diferentes especies aromáticas dos bosques e dos campos ligados á cultura popular galega, ademais de axudar a entender as interaccións entre diferentes compoñentes dos ecosistemas, tanto animais como vexetais. A iniciativa axudará a que os máis pequenos valoren os beneficios que as plantas achegan aos seres humanos e como diferenciar entre especies autóctonas, exóticas e invasoras, así como sensibilizar sobre a importancia da conservación das especies.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies