Museo de Historia Natural da USC

0

Reportaxe: imaxes do Museo de Historia Natural da USCEn esta reportaxe visitaremos o novo museo de Historia Natural da USC. Os que nalgunha ocasión pasasen polo vello museo situado nos sotos da facultade de químicas é posible que boten de menos o ambiente claustrofóbico e vitoriano que alí se respiraba pero seguro que agradecen a orde e a claridade da súa nova localización.

Falamos nunha das salas destinadas a actividades coa súa directora, Mabel fraga, quen nos introduce na historia desta nova localización “a idea barallouse durante moitos anos pero nun momento coincidiu que había un grupo de persoas no consorcio de Santiago sensible á importancia do museo, e naquel momento tamén as circunstancias tanto políticas como económicas eran favorables ao desenvolvemento da cultura, e viron que na USC había un bo patrimonio e un moi mal contedor para ese patrimonio, seguíanse incrementando as coleccións, as salas de exposicións parecían almacéns porque non había espazo,  e foi unha sorte poder contar con este edificio que nos permitiu facer un deseño de museo acorde co que ten que ser”.

Reportaxe: imaxes do Museo de Historia Natural da USCO museo está pensado para mostrar nunhas condicións que permitan gozar do que se ve “antes era todo como moi pechado, tentábanse facer dioramas pero eran vitrinas moi pechadas, cunha especia moi concreta cun ou dous individuos polo que quedaba moi lonxe do que é a realidade no medio natural, non se pode meter un carballo nunha vitrina pero agora si podemos destinar unha área a reproducir unha fraga cos animais naturalizados; tentouse mostrar a biodiversidade de Galicia en todos os niveis”. O centro non se conformou con sacar á luz todo o seu patrimonio indo máis aló e innovando neste tipo de instalacións “nos museos adóitase mostrar a parte zoolóxica, un pouco menos as condicións xeolóxicas, case invisibles as condicións botánicas e o chan non existe; queriamos mostrar todo e ensinar o chan galego era unha parte pendente, eu son botánica e o meu marido dafólogo, as relacións entre departamentos é moi boa e esa circunstancia axudou neste proxecto; o chan é fundamental para a vida e nos museos non hai nada, nin sequera no museo nacional de historia natural, así que quixemos comezar a arranxar todas estas carencias”.

 O museo quere servir tamén de concienciación con talleres para todo o mundo, de feito as propostas van desde os mais pequenos a outras específicas para a terceira idade “queremos facer moita divulgación científica, canta máis mellor, interésanos moito que a xente coñeza o medio natural porque canto máis o coñeza máis o vai a respectar, e canto máis o respecte mellor vivirá a sociedade; interésanos moito atraer ao público infantil e xuvenil e a verdade é que están a responder moi ben, veñen moitos, e gózano”.

O museo é ademais unha referencia internacional grazas á súa tipoteca, a tipoteca é unha colección de exemplares polos que se describiu por primeira vez unha especie, os primeiros dunha especie descubertos “nós agora mesmo temos unha tipoteca de máis de 600 exemplares, a maioría da colección malacolóxica Rolan que en valor científico é a mellor do museo, e por tanto calquera investigador que quere consultar os exemplares de referencia desas especies ha de vir aquí o que nos dá unha relevancia a nivel internacional”.

O Museo de Historia natural está  situado nun deses marabillosos lugares de Santiago menos coñecidos como é a Finca Vistalegre en Salvadas e sen dúbida converterase nunha referencia de entretemento e investigación na cidade

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies