O Museo de Historia Natural da USC inaugura ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’

0

Compostela, 21 de xuño do 2018 –  O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela inaugura hoxe a exposición temporal “Vespa velutina: unha invasión imparable”. O acto estará presidido polo reitor da USC, Antonio López, e intervirá o director do Museo de Historia Natural, Marcos González.

Para a realización da exposición, o Museo de Historia Natural contou ca colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA), do CIFP Politécnico de Santiago e de diferentes grupos de investigación das universidades galegas.

A exposición explicará os danos e ameazas que a avespa representa para a nosa biodiversidade, saúde e seguridade cidadán e os principais impactos socieconómicos, principalmente no sector da apicultura. Ademais, preséntanse os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas.

Antes da inauguración, o Museo desenvolverá un encontro entre investigadores das universidades galegas e representantes da AGA e doutros colectivos, co obxectivo de intercambiar experiencias e analizar propostas para o deseño de estratexias na loita contra a vespa velutina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies