O Museo do Pobo Galego acolle a presentación de Os cantos do mar

0

Compostela, 15 de maio do 2018  – O Museo do Pobo Galego acolle esta tarde, 20h., a presentación do libro de Dorothé Schubarth, Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos.

A presentación de Os cantos do mar se enmarca nas celebracións polo Día Internacional dos Museos. No evento leranse fragmentos do libro. haberá música en vivo e contarase coa presenza da autora,  Dorothé Schubarth.

Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos,  é unha obra de ficción pero que garda relación coa realidade: en palabras da propia autora, “todo o que conforma esta obra ten a súa raíz en algo que existe”. Ambientada en tempos prehistóricos e escrita orixinalmente en alemán antigo foi traducida ao galego pola propia autora coa axuda de Antón Santamarina. Unha historia complexa, pero a medida que avanzamos descubrimos que esa complexidade non é tal, senón o albisco das coplas que se suceden polas páxinas, arredor dun romance central que incardina a historia maxistralmente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies