Ordes, 15 de outubro do 2017 – O Museo do Traxe Juanjo Liñares fai medrar a ampla colección que alberga con pezas chegadas desde a cidade mexicana de Veracruz.
A viaxe feita polo alcalde, José Luís Martínez, e distintos membros da corporación a Veracruz trouxo un agasallo moi especial de parte do rexedor terceiro de Veracruz, Ángel Maldonado.
Dende este municipio mexicano, irmandado con Ordes dende a pasada semana, chegaron unha “jarocha” de muller e unha “guayabera” masculina con pano. O alcalde e o secretario dos socialistas de Ordes entregaron hai escasos días cadansúas pezas ao director do museo, Manuel Viqueira, para que sexan colocadas e pasen a formar parte de esta interesante coleccion.