займ срочно

O Museo de Historia Natural organizará un obradoiro infantil sobre as dunas

0

Compostela, 12 de xullo do 2019 – O Museo de Historia Natural organiza a vindeira semana o obradoiro infantil ‘Moito máis que area: dunas’, unha actividade dirixida a rapaces de rapazas de 6 a 12 anos que se desenvolverá en horario matinal, de 11.00 a 13.00 horas, o venres 19.

Co obxecto de fomentar o descubrimento destes ecosistemas a través de actividades e xogos, o obradoiro pretende dar a coñecer características e curiosidades de diferentes especies de flora e fauna das dunas, entender as interaccións entre diferentes compoñentes deste ecosistema e valorar os beneficios que as dunas achegan á conservación de praias e costas.

cartel do obradoiro sobre dunasImpartido pola bióloga Eva Cortiñas Ferreira, os asistentes aprenderán a diferencia entre especies autóctonas, exóticas e invasoras, ademais de sensibilizarse sobre a importancia da conservación  de especies que nidifican exclusivamente nestas zonas costeiras, como a píllara das dunas.

O obradoiro está deseñado para un grupo de entre 20 e 30 persoas, sendo preciso facer reserva previa cun mínimo de dous días de antelación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies