O Museo do Pobo Galego inaugura a exposición Mexillón de Galicia

0

Compostela, 11 de xaneiro do 2018 – Esta tarde, 19:00 horas, inaugúrase a exposición de fotografía de Xurxo Lobato Mexillón de Galicia que estará aberta ata o 25 de febreiro.

A ollada de Xurxo Lobato é a liña que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia escolleu para crear este relato visual arredor dos detalles que amosan a beleza, laboriosidade, ansias e anhelos que o traballo do mexillón representa para moitas persoas.

Esta é unha narración protagonizada por mulleres e homes que, co seu traballo, foron quen de crear unha actividade sostible, xeradora de riqueza e con capacidade para facer prosperar as comarcas costeiras de Galicia.

Mexillón de Galicia é moito máis que unha sucesión de fermosas imaxes. Trátase dun relato visual ao que compre achegarse con ánimo sereno, pero, ao mesmo tempo, cos ollos prestos para reparar nos seus múltiples detalles. Imaxes cheas de forza, pero tamén de sutileza, instantáneas con alma propia que axudan a entender como se forxa unha identidade, como se configura unha forma de ser, a de todas aquelas persoas que se dedican ao traballo deste producto galego de fama mundial.

Cando visitala

Do xoves 11 de xaneiro ao domingo 25 de febreiro

Horario: de martes a sábado, 10:30-14:00 e 16:00-19:30

domingos e festivos, 11:00-14:00

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies