займ срочно

O Museo do Pobo Galego amplía as datas de Parábola da Abundancia

0

Compostela, 29 de setembro do 2017 – O Museo do Pobo Galego decidiu ampliar a exposición Parábola da Abundancia sobre o marisqueo a pe e a súa problemática que foi inaugurada no mes de xullo.

Parábola da Abundancia enmárcase dentro dos actos do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego e estará aberta ata o domingo 8 de outubro.

Parábola da Abundancia é consecuencia do tempo que Terry Berkowitz e Francesc Torres pasaron observando, fotografando e videogravando varios grupos de mariscadoras na Costa da Morte e nas Rías Baixas, ao longo dos veráns de 2014 e 2015. O material recollido serviu de base e materia prima para este proxecto. Tanto Terry coma Francesc quedaron cativados pola “potencia simbólica desta dura actividade recolectora e ancestral levada a cabo case por enteiro por mulleres como unha fermosa alegoría da dependencia do ser humano coa natureza.”

Documentándose sobre o traballo destas mulleres, o que se denomina, como ben lembra o escritor Francisco X. Fernández Naval, “andar ao mar”, xurdiu un tema colateral que fixo reflexionar os artistas: o perigo que pende sobre este territorio costeiro, como sobre todo o planeta, por efecto das consecuencias da acción do ser humano, e que realza, aínda máis, o valor deste impagable patrimonio.

Axenda: ata o 8 de outubro

De martes a sábado, de 10:30 a 14:00 e de 16 a 19:30 horas

Domingo de 11:00 h 14:00 horas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies