O Museo do Traxe de Ordes acolle a exposición Alas

0

Ordes, 13 de outubro do 2017 –  O auditorio do Museo do Traxe de Ordes abriu as portas para que veciños e visitantes inauguraran a exposición fotográfica Alas.

Alas recolle o traballo do recoñecido fotógrafo de natureza Luis Ogando Gayo. No Museo do Traxe de Ordes pódense contemplar ducias de imaxes de distintas especies realizadas ao aire libre en diferentes localizacións.

O calendario de visitas concluirá o vindeiro 29 de outubro, aínda que cabe salientar que o día 27 o autor ofrecerá neste mesmo espazo unha charla temática ás 20.30 horas.

Entre os que non se quixeron perder este primeiro día da mostra estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os edís de Cultura, Comercio e Deportes. Tamén estivo Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe, así como Rafael Regos Martínez, organizador do XVI Campionato de Cetrería, o cal terá lugar no mesón do Vento os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mes

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies