займ срочно

A Rede de Música ao Vivo duplica o orzamento no 2018

0

Bisbarra, 3 de febreiro do 2018 –  O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou a nova programación da Rede Galega de Música ao Vivo, que se inicia en 2018 tras un proceso de renovación consensuado coas principais asociacións do sector.

A Rede de Música ao Vivo, xestionada polo AGADIC,  aumenta o seu investimento anual ata os 185.000 euros, un 105% máis que en 2017. Esta cifra supón, ademais, o 85% do orzamento para a contratación dos grupos que actúen este ano na Rede Galega de Música ao Vivo, xa que o 15% restante correspóndelle ás 23 salas seleccionadas Na bisbarra chegará a Melide nos locais A Fundación e o Pub Gatos e a Compostela na Borriquita de Belem, a Casa das Crechas, o Moon Music Club e a Sala Capitol.

Cambios consensuados

Román Rodriguez mostrou a súa satisfacción polo debate aberto que se traduciu nunha serie de “cambios consensuados” que reforzan os estándares de profesionalidade do circuíto, con máis de 10 anos de actividade ininterrompida. Entre eles, dedicalo exclusivamente á música (ata o de agora tamén tiñan cabida espectáculos escénicos de pequeno formato), mellorar as condicións económicas na contratación artística, aumentar a circulación dos grupos polas diferentes salas e fixar uns baremos de calidade na selección dos espazos. O conselleiro incidiu no salto cualitativo que supón esta renovación e que garante as mellores condicións para a celebración dos concertos, tanto desde o punto de vista dos grupos como do público. Lembrou, ademais, que esta rede de música súmase aos outros tres circuítos que xestiona a Agadic (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño) para favorecer a estabilidade na circulación dos espectáculos escénicos e musicais producidos en Galicia, así como para achegarlle á cidadanía unha oferta cultural ampla, descentralizada, plural e aberta.

No primeiro semestre do ano poderemos atopar en cartel formacións e solistas como o propio Marcos Teira, quen actuou durante a presentación, Aló Django, Víctor Aneiros, Dakidarría, Silvia Penide, Nani García Trío, Cora Sayers, Igloo, Mónica de Nut, Agoraphobia, Patricia Moon, Sumrrá, Brais Morán, Odaiko, Eladio y los Seres Queridos, Tato Trío, Habitación Vudú, Bakin Blues Band, Tiruleque, Aldaolado etc.

A programación completa pode consultarse en www.agadic.gal/Axenda e en www.cultura.gal/gl/axenda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies