A Escola Municipal de música de Rois amplía o prazo de matrícula

0

Rois, 4 de setembro do 2017 – A Escola Municipal de Música de Rois amplía o prazo de matrícula para o curso académico 2017-2018 ata o vindeiro 11 de setembro de cara a completar as últimas prazas baleiras.

Poden anotarse aínda nenos e nenas de 3 a 7 anos na modalidade de Música e movemento; unha actividade que pretende achegar a este grupo de idade á música, ao baile, ao canto e aos instrumentos.Tamén poden anotarse na modalidade de Linguaxe musical nenos e nenas de 8 anos en diante. Nesta actividade traballarase o ritmo musical, a entoación e a teoría musical, de xeito que ao mesmo tempo que aprenden a tocar un instrumento poderán máis tarde, se así o desexan, pasar a formar parte da banda de música, de agrupacións de música de cámara ou demais agrupacións da Escola Municipal de Música de Rois.

As persoas interesadas en formalizar a súa matrícula poden descargar o impreso na páxina web do Concello (www.concelloderois.org) ou nesta ligazón:  http://bit.ly/2vAPMe9. O data límite é o 11 de setembro. O impreso debidamente cuberto entregarase nas oficinas municipais. No caso de domiciliar o pagamento, xunto co impreso da matrícula as persoas interesadas deberán entregar a orde de pagamento que tamén se pode descargar da páxina web nos mesmos enlaces. Xunto con estes documentos é necesario achegar dúas fotografías tamaño carné e copia do DNI.

O prezo da matrícula para o curso académico 2017-2018 é de 20 euros. Mentres que o custo das mensualidades varía en función das opcións elixidas: Música e movemento ten un custo de 15 euros/mes (unha hora semanal); Linguaxe musical con instrumento e grupo instrumental incluídos, 40 euros/mes; Linguaxe musical máis instrumento, 35 euros/mes; Coro, 12 euros/mes (gratuíto para alumnado da Escola de Música); instrumento complementario, 12 euros/mes e unha materia illada, 26 euros/mes.

Co pagamento completo de todas as mensualidades obterase unha redución do 5% sobre o prezo total da matrícula. Tamén existe unha bonificación para a matrícula en dous cursos ou actividades (5% en cada mensualidade) e no caso de ter tres ou máis membros da unidade familiar matriculados na Escola, o terceiro e sucesivos membros terán unha bonificación do 5% en cada mensualidade.

Entre as actividades que realizará a Escola Municipal de Música de Rois ao longo do vindeiro curso académico está a preparación para o ingreso no Conservatorio do alumnado de Grao Profesional; música con maiores, concertos durante todo o ano e tamén concertos didácticos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies