Música e literatura combínanse para celebrar o Día das Letras galegas en Ames

0

Ames, 16 de maio do 2018 – O Concello de Ames celebrará as Letras Galegas cun acto no que se mesturan Música e literatura a partir das oito de esta tarde na Casa da Cultura do Milladoiro.

O evento incluirá as actuacións do grupo Ascuas e do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, así como a entrega de premios do XV Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía e do X Certame Intercentros. A entrada será libre ata completar aforo. A parte musical da gala estará a cargo do alumnado de canto da Escola Municipal de Música e do grupo amesán de música folk, Ascuas.

Na entrega de premios da décimo quinta edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía poderase coñecer aos 18 autores e autoras gañadores deste ano procedentes de toda Galicia, que se achegaran ao Milladorio para recoller o seu premio. Os traballos premiados foron escolmados polo crítico literario Armando Requeixo, a escritora María López Sande e polo comunicador audiovisual Danile Vilaverde, todos eles veciños de Ames. A alta participación neste certame, con 166 traballos recibidos, é un síntoma claro da vitalidade das nosas letras e da fortaleza que presenta a creatividade en lingua galega.

Certame Intercentros

O certame Intercentros desenvólvese en colaboración cos centros de ensino de primaria e a través del, nesta edición, o alumnado amesán contou, en prosa ou en verso, como é, como imaxinan ou como queren que sexa a súa relación coa lingua galega, partindo das declaracións de María Victoria Moreno nas que afirmaba que a súa relación con Galicia e a súa opción pola nosa lingua era unha historia de amor.

Neste 2018, o Día das Letras Galegas está dedicado á autora María Victoria Moreno. Extremeña de nacemento e galega de adopción, María Victoria Moreno chegou a Galicia para exercer como mestra en Lugo. Namorada da lingua e da cultura galega defendeuna e usouna en condicións non sempre doadas, e creou arredor delas unha ampla obra literaria en galego, tanto narrativa como poética, ensaística e didáctica. Entre os seus libros, principalmente dirixidos ao público infantil e xuvenil, destacan Mar Adentro e Anagnórise, entre outros. Na gala das letras achegarémonos tamén á obra e á traxectoria vital de María Victoria Moreno a través da visión poética de varias nenas e nenos amesáns.

Tendal de Poemas

Tamén nos mes das letras, o alumnado dos centros de ensino de educación infantil e primaria de Ames, coa colaboración da Aula da Natureza e do Servizo de Normalización Lingüística municipais, tendeu poemas en diferentes puntos do noso concello: no paseo fluvial de Bertamiráns, na Travesía do Porto no Milladoiro e no Monte Escolar de Carballo, en Trasmonte. Os poemas, que foron plasmados e ilustrados tanto en siluetas de pezas de roupa como de paxaros, son todos de escritoras e escritores en lingua galega. Esta exposición artístico-poética ao aire libre poderá visitarse ata o próximo 3 de xuño nos lugares antes indicados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies