займ срочно

Músicas na linde: Xabier Díaz

0

O próximo día 13 sae a rúa o novo disco de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, As Catedrais Silenciadas. Será o terceiro coas Adufeiras desde que hai cinco anos decidiu enfrontarse ao reto de buscar o seu propio son. En este tempo converteuse nun referente da música tradicional grazas a un traballo moi serio e constante.

Músicas na linde: Xabier DíazComezamos a conversa preguntándolle por ese outro Xabier Díaz, polo que ven de formacións como Berrogüeto, do traballo con grupos como Xacarandaina, das rúas e da tradición  

En ese presente histórico Berrogüeto foi unha peza fundamental da música tradicional galega. Para Díaz ten unha especial importancia  porque supuxo unha escola de aprendizaxe e un descubrir o mundo

Non é a primeira vez que en Lindeiros falamos do que foi para moitos artistas o Womex que se celebrou en Compostela no 2016. Na praza das Praterías, xunto ao malogrado Narf e Radio Cos, Xabier Díaz anticipaba o traballo que presentaría coas Adufeiras. 4 anos despois preguntámoslle por aquela experiencia

Imposible non preguntar pola falta de festivais de este tipo sabendo do éxito daquela cita. Xabier Díaz pon un exemplo moi claro, non entende a intensa promoción que se fai da gastronomía ou dos viños e que non se faga o mesmo coa música.

A presenza na música de Díaz das Adufeiras de Salitre converteuse nun elemento diferenciador como el mesmo recoñece

Pero á música de Díaz é un traballo coral que nace diso mesmo: o traballo. Os que están ou estiveron con el falan da esixencia dos ensaios e os concertos, unha esixencia que se aplica tamén así mesmo

Este traballo constante da como resultado unha música persoal e intransferible. Cando comezou esta andaina o músico buscaba un certo xeito de ser que agora parece estar cada vez máis claro

Non é doado trasladar en verbas un son. É como si a música de Xabier tivera a gradación necesaria para servir a calquera, nin moi estridente que estorbe nin tan baixa que non se note

Quedamos con Xabier Díaz nas Torres de Altamira en Brión. É un de eses espazos que da nome ao novo disco, unha catedral silenciada como tantas outras que podemos atopar en Galicia tal e como conta o músico

Falar con Xabier Díaz resulta relaxante. Sabe o que quere e tamén, o que non é tan habitual, sabe o complicado que resulta conseguilo. É unha de esas cabezas que non paran e ás que teríamos que facerlle máis caso. Combina paixón con sentidiño, unha mestura que leva a súa música e que define, en certo modo, o que é o rural galego.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies