займ срочно

Nace o podcast de Lindeiros.gal

0

Bisbarra, 15 de febreiro do 2021 – Na semana que vai do Día dos Medios en Galego ao Día da Radio desde Lindeiros.gal poñemos en marcha o primeiro podcast informativo sobre a bisbarra de Compostela.

Coa filosofía de  “a radio non morreu, só mudou de sitio” o noso podcast recolle a experiencia do locutor e xornalista Manel Pardo, con máis de 20 anos de profesión informando da bisbarra de Compostela.

Más dunha hora de contidos semanais

O programa terá unha periodicidade semanal e unha duración que estará en torno aos 60 minutos. Pardo explica que os novos formatos, como o podcast, non obrigan a un tempo determinado como sucede na radio. Reportaxes e entrevistas serán o compoñente principal. O primeiro programa xa está a disposición dos subscritores cos contidos seguintes

Sustentabilidade e independencia

O noso obxetivo é facer o xornal sostible e independente. Lindeiros.gal seguirá en aberto publicando cada día as novas dos concellos da bisbarra de Compostela e, agora, publicando un podcast de pago semanal.

O podcast de Lindeiros.gal está aloxado en Patreon, unha plataforma que ofrece todas as ferramentas necesarias tanto aos creadores como aos chamados “mecenas”. Unha web moi accesible e unha APP envían aos subscritores alertas cando hai novas publicacións que, ademais, poderanse descargar.

Os que apoien a iniciativa teñen 3 niveis de apoio que parten de 4 euros ao mes e que conlevan distintas vantaxes. En todos os casos se accede ao podcast semanal e as entrevistas exclusivas que se vaian publicando. No seguinte programa falaremos de comercio e economía circular, dos eólicos e conversaremos coas Tanxugueiras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies