займ срочно

Nace Sementeira, o Club Olímpico de Mates da USC

0

Compostela, 20 de abril do 2018 – A Facultade compostelá de Matemáticas e mais a Asociación Eduardo García-Rodeja acordaron poñer en marcha o Club Olímpico de Mates – USC, que nace co nome de Sementeira como expresión da súa vontade de propagar o gusto pola resolución de problemas.

O Club Olímpico de Mates, que leva o nome do que fora profesor desta Facultade de Matemáticas, aglutina un grupo de docentes que dende hai anos se veñen encargando da organización da Fase Autonómica Galega da Olimpíada Matemática Española, na que se selecciona o equipo que representa a Galicia, así como da súa preparación. Nos últimos anos ocúpanse tamén de organizar as probas da Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria na USC.

Precisamente, como consecuencia do interese crecente entre o alumnado do centro por este tipo de concursos, un grupo de ex olímpicos galegos tomou a iniciativa de organizar seminarios para compartir a súa paixón pola resolución de problemas. Estes seminarios son o xermolo do Clube Olímpico de Mates – USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies