Nacións e nacionalismos nos Luns do Ateneo

0

Compostela, 4 de marzo do 2018 – O catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid,  José Álvarez Junco, dará unha conferencia titulada Nacións e nacionalismos, novos enfoques nas ciencias sociais, mañá luns 5 de marzo ás 20:00  horas, no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela.

A charla Nacións e nacionalismos está organizada pola Sección Sociedade Civil do Ateneo e forma parte do ciclo de conferencias do X Aniversario ‘En clave de futuro – 10 anos do Ateneo de Santiago’. Dese ciclo tamén formaron parte as anteriores charlas de Ramsés Gallego e de Juan Luís Arsuaga.

Ademáis de historiador, José Álvarez Junco é escritor e recibiu o  Premio Nacional de Ensaio en 2002 e o Premio Fastenrath da Real Academia Española en 2003 pola súa obra ‘Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX’. Tamén ocupou  nos anos 1992 e 2000 a cátedra Príncipe de Asturias da Universidade Tufts (Boston), dirixiu o seminario de estudos ibéricos do Centro de Estudos Europeos da Universidade de Harvard e foi conselleiro de Estado, entre outros méritos. É colaborador do xornal ‘El País’ e codirixe o seminario de Historia Contemporánea do Instituto de Investigación Ortega y Gasset.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial