Excursións, festas e maxia no Nadal de Frades

0

Frades, 18 de Nadal do 2017 – Excursións a Lugo ou Coruña, maxia e festas de Nadal na programación do Nadal de Frades.

A continuación tedes toda a axenda por días para que non vos perdades nada tanto si vivides en Frades como si queredes coñecer outro Nadal na bisbarra.

Día 18

As 11.30 Papa Noel e o seu elfo visita aos nenos de preescolar na casa para recoller cartas, con el levará globos e lambetadas.

Día 19

Títeres Trompicallo presenta Planeta Ardora

Espectáculo de bonecos con luces.

12.00 horas no C.P.I. de Ponte Carreira para os nenos de infantil e primaria

Campamento municipal de Nadal

Os días 26, 27, 28 e 29 de Nadal e 2,3,4, e 5 de xaneiro.

No multiusos de Frades.

Entrada de 9.30 a 10.00 e saída de 13.00 a 13.30

Prezo: 25€ empadroados, dto. no 2º irmá 20€ – non empadroados 35€

Xogos, obradoiros, contacontos e sorpresas de Nadal.

Grupo mínimo de 10 persoas, prazo de inscrición ata o 22 de Nadal no concello.

Día 26

Festa de Nadal no multiusos de Frades de 16.00 a 20.00

Obra de teatro Bon Appetit, comedia onde a cociña tradicional galega é un dos ingredientes para partirse de risa.

Teatro Ghazafelhos.

Obradoiros de Nadal e merenda.

Inscricións ata o 21 de Nadal.

Colabora a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Día 28

Saída a Coruña con visita ao parque de xogos e o museo do cómic. Saía do concello as 11 da mañá

Os cativos disfrutaran dunha infinidade de xogos, consolas, actividades e Guay Pau no parque de xogos Fan Square.

Despois da comida máis xogos, un obradoiro e unha exposición de cómics.

Prezo: 15€ empadroados, 20€ non empadroados.

Entradas e comidas incluidas.

Os menores de 12 anos teñen que ir acompañados dun adulto.

Inscricións antes do 22 no concello.

Día 30

Maxia co mago Dani e obradoiro de Nadal

A partir das 16.30 no multiusos de Frades

Actuación do mago Dani, mascotas e obradoiros de Nadal.

Actividade gratuita,anotarse antes do 26 no concello.

Colabora a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Día 2 de xaneiro

Saía ao parque de atraccións Xuvenluago

Con saída as 3 da tarde do concello.

Prezo: 5€ empadroados e 8€ non empadroados.

Entrada xenérica ao parque onde poderán disfrutar de atraccións, inchables, talleres…

Os menores de 12 anos teñen que ir acompañados. A merenda pódese levar de casa o mercala no recinto.

Inscricións no concello antes do 29

Día 3 de xaneiro

Pista de xeo en Ordes as 17.00

A entrada corre por conta do concello de Frades. O transporte ata Ordes e por conta de cada un. Actividade para maiores de 3 anos e so para empadroados en Frades. Custo da entrada para non empadroados 5€.

Os menores de 8 anos deben ir acompañados dun adulto. obrigatorio levar guantes.

Anotarse antes do 28, as entradas recolleranse no concello.

Día 4 de xaneiro

Cabalgata e festa de Reis.

De 16.00 a 20.00 horas.

Desfile polas rúas de Ponte Carreira ata o pavillón

As 17.00 no Pavillón Municipal, recepción dos Reis, inchables, animación, bailes, xogos, obradoiros, mascotas, reparto de lambetadas e chocolate con roscón para tódolos asistentes.

Colabora a ANPA do C.P.I. Ponte Carreira e grupo O Sarillo de Aiazo.

Actividade gratuita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies