займ срочно

Excursións, música, ou deporte no Nadal de Oroso

0

Oroso, 16 de Nadal do 2017 – O concello de Oroso preparou un programa de actividades no que as asociacións e colectivos do concello teñen un especial protagonismo para facer do Nadal de Oroso algo familiar.

A Casa da Cultura, as rúas de Sigüeiro e o pavillón serán os espazos nos que os veciños poderán disfrutar do Nadal de Oroso no que se inclúe maxia, monicreques, panxoliñas, patinaxe ou artesanía entre outras moitas actividades. Aqui tedes toda a rpogramación.

Exposición homenaxe a Maruxa Mallo

Días: Do 11 ao 30 de decembro. Lugar: Centro Cultural.

Festival do CRA

Día: xoves 21 de decembro. Hora: Pola mañan

Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa Dirixido: Todos os públicos.

Visita dos Paxes Reais

Día: xoves 21 de decembro.

Lugares: O carteiro Real e un paxe Real pasarán a recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería “Trastes”, gardería Municipal “A Ulloa”, gardería A Chousa Nova as dos alumnos/as do C.R.A.  no centro cultural, e acudirán tamén ao Fogar Residencial Porto Avieira, en horario de mañá.

Hora: Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Christmas Camp 2017

Días: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 (9 días)

Lugar: CEIP Camiño Inglés.

Dirixido: A nenos e nenas escolarizados.

Máis información

Concerto de Nadal da ESMU José Verea

Día: venres 22 de decembro Lugar: Centro Cultural.

Hora: 19:00 horas

Mercado de Artesanía de Nadal

Obradoiro de Nadal para os máis cativos. E se mercas nos comercios asociados a Sigüeiro Vende ou nos postos de artesanía consegues un vale para un chocolate.

Día: Vernes 22 de decembro Lugar: Rúas Xuncal e Lengüelle

Hora: 11:00 a 20:00 horas. Prazo: Inscricións no centro cultural .

Excursión: Patinaxe sobre xeo e Bolera

Día: martes 26 de decembro. Lugar: Santa Cristina – Oleiros.

Prazo: Excursión gratuíta a patinar sobre xeo e á bolera (aos birlos) Solbowling en Santa Cristina – Oleiros,  xantar e partidas de birlos. Información e inscricións no centro cultural.

Dirixido: A maiores de 11 anos.

Obradoiro de decoración de Nadal

Día: martes 26 de decembro Lugar: Centro Cultural. Prazas limitadas. Inscrición previa no centro cultural ata o 20 de decembro.

Hora: 17:00 horas Dirixido: A maiores de 5 anos.

Monicreques Trompicallo: “Violeta Coletas e as Salchichas Glub”

Días: mércores 27 de decembro Lugar: Centro Cultural.

Hora: 17:00 horas. Dirixido: Ao público familiar.

O retrete de Dorian Gray co espectáculo “Rúa Aire”

Días: xoves 28 de decembro Lugar: Centro Cultural.

Hora: 18:30 horas. Dirixido:Non recomendado a menores de 5 anos.

Nadal sobre rodas en familia

Días: 26, 27, 28, 29 de decembro

De 10 a 14h Esta actividade está dirixida polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Trátase dunha actividade que ten como fin a conciliación da vida laboral e familiar.

Máis información e inscricións nas oficinas do centro deportivo ou a través do Club Patín Oroso.

Lugar: Centro Deportivo .

II Campus de Nadal da Escola Deportiva Xuventude Oroso

Día: Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Hora: 10 a 14 horas

Lugar: Máis información no Centro Deportivo ou Escola Deportiva.

Concerto de Panxoliñas

Día: Venres 29 de decembro. Hora: 20:00 h.

Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa Dirixido: Todos os públicos.

Maxia

Día: Mércores 3 de decembro

Dani Polo co espectáculo I+D+d (Ilusión más diversión más imaginación).

Hora: 18:00 horas Dirixido: Dirixido a todos os públicos.

Gran Cabalgata de Reis

Día: Xoves 5 de xaneiro de 2018. Hora: ás 18:00 horas.

Lugar: Saída da Rúa do Portiño e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

N- 550 (avda. de Compostela)

– Rúa do Portiño – Rúa da Insua – Praza de Alexandre Bóveda – Rúa do Medio

– Rúa do Portiño – Avda. de Compostela – Praza da Foca – Avda. da Grabanxa

– Rúa do Concello – Rúa Rio Lengüelle – Avda. de Compostela – Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h. 

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.

No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.

(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

As súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos/as de Oroso, por iso pedímosvos que aqueles/as que esteades interesados/as podedes acompañalas na gran Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, percorrendo as rúas de Sigüeiro.

Tamén nos dixeron que necesitan paxes reais para ese mesmo día, como ben sabedes trátase dunha xornada de moito traballo, concentrado nunha soa noite. Para colaborar é necesario que acudas ao centro cultural para inscribirte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies