займ срочно

Actividades moi variadas para o Nadal de Silleda

0

Silleda, 18 de Nadal do 2017 – Actividades de todo tipo e para todo o mundo no Nadal de Silleda, desde os cativos aos maiores e desde o patrimonio aos deportes.

O Nadal de Silleda ten as súas propias referencias desde hai anos como a festa de fin de ano anticipada para os rapaces o a que se prepara para os maiores. Este ano inclúe ademais unha charla sobre topónimos e varias sesións de contacontos. A continuación a tedes toda.

Día 21

19:30 h. Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Presentación do buscador de topónimos. Casa da Xuventude.

20:00 h Demostración gastronómica de Nadal. Centro Cultural Vista Alegre

Día 22

14:00 h. Xantar de Nadal da Terceira Idade. Restaurante Coteliño.

17:00 h Obradoiro “Dulceiros de Papá Noel”. Casa da Xuventude.

Día 23

16:30 h. Torneo de fútbol “Biberón”. Exhibición da Escola Municipal de Zumba Kids e da Escola Municipal de Patinaxe (13-16 anos). Pavillón César González Fares.

17:00 h Obradoiro “Pintamos coas mans”. Casa da Xuventude.

19 30 h. XXX Aniversario de Xirandola. Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.

Día 25

Desfile de Papá Noel na Bandeira. Ás 17:30 horas recepción no Centro Cultural Vista Alegre e entrega de premios ás mellores postais infantís do certame da Asociación Cultural Vista Alegre.

Día 26

17 00 h Obradoiro Bonecos de neve con paus de xeado. Casa da Xuventude. 17 30 h. Cine infantil no Centro Cultural Vista Alegre

Día 27

17:30 h Paxariños. Sesión de contacontos para nenos e nenas de 1 a 3 anos na Biblioteca Municipal Daniel Castelao.

Día 28

17:30 h Contos de Nadal para os máis novos. Programa Avelaífia Centro Cultural Vista Alegre.

Día 29

17:00 h Visita do Apalpador á Casa da Xuventude.

18:00 h. Festa de Fin de Ano infantil na Casa da Xuventude.

20:30 Ensaio de Fin de Ano no Centro Social dos Maiores

Día 30

21:00 h Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Silleda. Auditorio Semana Verde.

Día 31

12:00 h Carreira de San Silvestre. Saída dende a praza Juan Salgueiro de Silleda

Día 2

17:00 h Obradoiro Escribe a túa carta aos Reis Magos Casa da Xuventude 17 00 h. Obradoiro de globoflexia e manualidades. Centro Cultural Vista Alegre.

Día 3

17:30 h Bibliocontos Na Biblioteca Municipal Daniel Castelao

17:30 h Cine Infantil. No Centro Cultural Vista Alegre

Día 5

Panxoliñas cantadas pola aula de Música Tradicional do Colexio Plurilingue María Inmaculada. Polas rúas de Silleda durante a mañá.

18:00 h Cabalgata dos Reis Magos polas rúas de Silleda.

Día 7

18:00 h Concerto Extraordinario de Aninovo. Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies