As asociacións protagonistas no Nadal de Vedra

0

Vedra, 18 de Nadal do 2017 –  A Asociación Senunpeso ou a Asociación San Campio son protagonistas das actividades coordinadas no Nadal de Vedra.

A política de colaboración co tecido asociativo vese tamén no Nadal de Vedra que combina as actividades das asociacións coas do concello para ofrecer unha variada programación, que a continuación debullamos día a día.

26 de decembro a partires das 19.30 h.

Cantarelas de Nadal coa Asoc. Cultural San Campio

29 Obradoiros para un Consumo Responsable

A tarde do venres 29 de decembro na Biblioteca de Vedra desenvolveranse uns obradoiros moi divertidos e interesantes que grazas á iniciativa da Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia e do seu Programa CORES podemos combinar entretenemento con aprendizaxe e concienciación para un consumo responsable… tan necesario especialmente nestas datas de nadal. Actividades gratuítas

Programa: Ás 16:00 h. obradoiro“Traballando a igualdade a través da publicidade”

Para nenas e nenos de entre 3 a 7 anos.

Ás 18:00 h. obradoiro “Deseñando o noso videoxogo”

Para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

Ás 20:00 h. obradoiro “Consumo na rede”

Para maiores de idade

Inscricións ata o 22 de decembro no teléfono – 981 814 691

30 de decembro

Concertos de Nadal da Coral Polifónica Santa Cruz (na Igrexa Parroquial de Santa Cruz ás 19.30 h)

Con esta iniciativa a Coral Polifónica de Santa Cruz quere desexarlle a todo mundo unhas felices festas.

Actuación da Coral Polifónica da Señora de San Juan de Calo. – Actuación da Coral Polifónica Santa Cruz de Rivadulla

3 de xaneiro na biblioteca municipal de Vedra ás 17:00 h.

Proxección Infantil de Nadal coa Asociación Senunpeso

Nocturna, unha aventura máxica, de Víctor Maldonado e Adrià García (2007).

Animación, 80 min.

Un súbito apagamento de estrelas ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade. Tim, un neno medorento que vive nun orfanato, encherase de valor para resolver este desastre enfrontándose á súa propia sombra, froito dos seus medos.

Para conseguilo, mergúllase nunha emocionante aventura a través de Nocturna, un mundo paralelo que xorde cada noite cando durmimos. Alí descubrirá a todos os seres e criaturas que fan que a noite sexa máis ou menos apracible, e con quen emprenderá unha fabulosa viaxe para tentar rescatar á súa estrela querida: Adhara. Esta película da factoría galega Bren Entertainment está considerada unha das melloras longametraxes de animación feitas en España. En 2008 obtivo o Goya ao mellor filme de animación.

Proxección de balde!

4 de xaneiro Centro Social de Vedra dende as 18:00 h.

1.- Manualidades de Nadal

2.- Entrega de Premios do

III Concurso de Tarxetas de Nadal

5 de xaneiro en San Xián

Cabalgata dos Reis Magos coa Asoc. Raiolo

7 de xaneiro na Casa da Cultura de Santa Cruz ás 18 h.

Concerto de Reis da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla

Despois do concerto e con motivo do 90 aniversario da institución presentarase unha proxección homenaxe á historia da entidade.

13 de xaneiro na contorna do pavillón dende as 18.30 h.

III Carreira Nocturna Solidaria

Asociación San Campio

IV CAMPAMENTO DE NADAL

Días: 26, 27, 28 e 29 de Decembro 2017 e 2, 3, 4 e 5 de Xaneiro 2018,

Horario: 10:00 a 14:00 h. Idades: 3 a 14 anos.

Actividades de representación, elaboración dun xornal, obradoiro de decoración de Nadal, xogos e a visita das súas maxestades de Oriente…

e moita diversión!!!

Prezo: Socios : 40€ (material incluído). Non socios : 60 € (material incluído) Infórmate e apúntate nos teléfonos:

619520793 – 658202253

Tempo para a festa…

CANTARELAS DE NADAL

Luns 26 decembro a partir das 19:30 h. Saída da Casa da Cultura

Acompaña aos grupos de música da Asociación pola parroquia coas cantarelas de Nadal .

As Dedaleiras, os Laxeiriños, os Campiños…

Dispoñerán dun autobús para percorrer a parroquia…

e ti!! ¿Vas faltar?

Actividades de Nadal da Asociación San Campio

para que non te aburras nas túas vacacións!!

EXCURSIÓN A TERRAS DO DEZA E SILLEDA PARK

Sábado 30 de decembro. Saída: ás 9:30 h. da Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón.

Prezo: 10 € (O prezo inclúe o transporte e a entrada no Silleda Park, a comida por conta de cada un).

Anotarse antes do 27 de decembro 2017. Infórmate e apúntate nos teléfonos 619520793 – 658202253

FESTIVAL DE NADAL

Domingo 7 de xaneiro ás 16:30 h. Como xa é tradición ao longo da historia da Asociación, vense facendo o Festival de Nadal que pecha cada ano con sorrisos, emocións, bailes, cantares e moito máis.

Achégate á Casa da Cultura de San Miguel e participa!!

OPERACIÓN KILO!!!

Durante todo o Nadal a Asociación Cultural San Campio recolle os teus alimentos non perecedoiros que doará aos Servizos Sociais do Concello de Vedra Actividades de Nadal da Asociación Cultural Raiolo

CABALGATA DOS REIS MAGOS

O 5 de xaneiro en San Xián. A Asociación Raiolo presenta esta visita das súas maxestades de Oriente que traerán ilusión e moitas sorpresas aos cativos e non tan cativos. A comitiva chegará á noitiña…

BUZÓN REAL NO CONCELLO DE VEDRA

Durante o nadal o Concello de Vedra facilitará un buzón real nas inmediacións da Casa Consistorial no que todos os nenos e nenas poden deixar todas as súas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial