Nadal en Rede ofrecerá 75 actividades na rede de dinamización lingüística

0

Bisbarra, 14 de decembro do 2018 –  O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede volve con máis actividades ca nunca para pechar 2018 con ocio en galego.

75 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) recibirán desde hoxe e ata o 4 de xaneiro un amplo abano de actividades que se completan con recursos para celebrar o Nadal en galego, como un modelo de carta ás Súas Maxestades de Oriente e un libro de discursos para que os Reis Magos se dirixan aos nenos e nenas na lingua propia de Galicia durante as cabalgatas.

Presentación de Nadal en Rede

“Lucía Pérez, Emilio Rúa e Rosa Cedrón, María do Ceo, A Banda da Loba, Carmen Penim, Senén Vaamonde e a Roda, Brazolinda, Baobab Teatro, Pablo Díaz e mais Os Bolechas, entroutros, serán os encargados de darse cita con nenos, mozos e adultos para festexar o Nadal en galego”, así o anunciou hoxe pola mañá en rolda de prensa -acompañado dos artistas e das empresas xestoras- o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou que se trata dun “programa destinado ao lecer destas festas no que queremos, coma sempre, ir da man de artistas e profesionais de recoñecido prestixio que teñen na lingua propia de Galicia a base da súa creatividade”.

Teatro e obradoiros

O teatro para bebés e para nenos/as e os obradoiros en familia para xogar e para transmitir a lingua serán os protagonistas da sétima edición do programa de Nadal da RDL. Baobab Teatro levará Puño Puñete, para público familiar con cativada de 1 a 7 anos a outros dez concellos entre os que se atopan Melide e Vedra.

Brazolinda levará o seus Obradoiros de xogos de mesa en galego a Ordes, Santiago, A Estrada, e Oroso. Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura chegarán, da man da psicóloga Cándida Rodríguez a Vila de Cruces. E o obradoiro Mulleres que contan, poñerá en valor a palabra das mulleres escritoras para pechar o ano de María Victoria Moreno en Tordoia.

Música para todos os públicos

As propostas musicais de Nadal en Rede abranguen este ano opcións diversas e moi atractivas: Lucía Pérez, a nosa cantante máis eurovisiva, terá Algo que contarche en Padrón; María do Ceo coas Cancións para nenos en Frades; e Emilio Rúa e Rosa Cedrón con Cantos de Nadal en Vila de Cruces.

Toda a información sobre o programa e calendario de actividades no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial