Nadal nas rúas de Ordes

0

Ordes, 8 de decembro do 2018 – As rúas de Ordes teñen xa aspecto de Nadal grazas a nova iluminación instalada hai uns días polo concello.

O Nadal na vila trae unha importante programación como contábamos esta semana; os comerciantes tamén fan todo o posible por atraer clientes e agasallalos nunha das épocas máis importantes do ano para eles; pero ademais esta época vívese en boa parte coa decoración das casas, os locais e as rúas.

Nas últimas semanas o concello de Ordes fixo un esforzo por iluminar a vila e, sen chegar a competir co resto do mundo, xa goza dunha iluminación na que unha das atraccións é a impresionante bola situada na alameda, confeccionada con milleiros de leds, e a que se pode acceder ao interior, cousa que fan moitos para  sacarse unha foto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial