займ срочно

Lola, Nastasia Zürcher e Megapurple Sex Toy Kit no Feito a Man de hoxe

0

Compostela, 8 de agosto do 2018 – O Feito a Man chega a praza de Santo Agostiño e volve abrir o escenario de Cervantes, a partir das sete da tare música nas prazas da zona vella.

O Feito a Man presenta as sete a unha banda compostelana moi recente aínda que os seus compoñentes teñen xa longas carreiras. As sete en Santo Agostiño tocará Lola, con músicos de grupos como Heredeiros da Crus, Banda Crebinsky o Mojo Experience. A súa proposta musical está baseada nun rock enerxético, cun repertorio composto de temas propios mesturados con covers dos clásicos do rock. Os compoñentes son: Yolanda Martínez, Guillermo Vistoso, Diego Salgado, Manu Rey e Enrique Otero.

Lola

Non hai que moverse moito para as seguinte propostas xa que soaran en Cervantes a partir das nove e media. Nastasia Zürcher, a cantante e compositora galego-suíza segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudo, “Beat”. 10 temas, 10 maneiras de mover o corpo. De onda moderna e groove descarado, o novo álbum da vocalista galardoada cun Premio Martín Códax da Música (Galician Music Awards) na categoría de Música Negra (e nomeada tamén este ano na categoría de Músicas do Mundo), flúe por estilos como o Neo Soul, o R&B contemporáneo, e as chamadas Músicas do Mundo interpretadas aquí na súa vertente máis persoal, dando vida propia a un disco ecléctico e diferente, cunha producción grande e coidada sobre a que repousa a xa inconfundible voz de Nastasia.

Nastasia Zurcher

A continuación será a quenda no Feito a Man de Mega Purple Sex Toy Kit. Fórmanse en 2003 a partires das cinzas de varios grupos galegos de influencia sesenteira. Emilio Prieto (batería), Marcos Santomé (baixo), Uxío Solla (guitarra), Fernando Vilaboy (Hammond) e Alfonso Espiño (voz), enseguida revolucionaron o panorama mod e psiquedélico estatal co seu aplastante directo, a súa imaxe impactante e as súas cancións enérxicas e directas, inspiradas nos primeiros Deep Purple, Pink Floyd ou Black Sabbath. Comezaron a xirar por Galicia e España, acudindo ós festivais máis senlleiros do movemento sixties, coma o Wet Dream (Valladolid, 2004), Euroyeyé (Xixón, 2005, compartindo cartel con The Yardbirds), Shake & Vibrate (Ourense, 2005) ou Purple Weekend, (León, 2005, compartindo cartel con The Zombies). Na Semana Santa de 2006 actuaron no festival Le Beat Bespoké de Londres, xunto con The Horrors, The Remains e The Lyres, entre outros. Ao regresaren a España, e no apoxeo da súa carreira, materializouse a separación da banda orixinal. Ó ano seguinte produciuse a primeira das reunións do grupo, que dende entón con Ramón Saleta á batería, converte estas xuntanzas en eventos ocasionais. A banda, xa considerada de culto en certos círculos, publicou o seu primeiro LP en xaneiro de 2018.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies