Natural Clean, experiencia en tintorería e lavandería

0

A reportaxe que nos ocupa nos presenta a Ana Daparte, responsable de Natural Clean. Leva media vida entre pranchas, lavadoras e secadoras e coñece como ninguén un mundo que mudou moi pouco desde hai anos e no que a experiencia serve en ocasións mais que o mellor curso.

Imaxe da reportaxe sobre Natural CleanOs seus primeiros pasos dounos en Compostela, nunha das primeiras lavanderías tipo franquicia que se abriron nacidade. Foi das primeiras en recibir cursos e pasou rapidamente a ter que dalos as empregadas das novas tendas que se abrían. O tempo levouna a traballar na tenda de Natural Clean no Milladoiro como empregada e cando o dono se xubilou decidiu continuar co negocio.

En 20 anos de traballo Ana asegura que cambiou moi pouco o método de traballo e que algunhas das cousas que foron aparecendo, como na actualidade o método de limpar todo en auga, non funcionaron.

En este negocio a maioría dos traballos son comúns pero a capacidade de buscar solucións cando alguén chega cun problema é o que marca a diferenza entre unhas tendas e outras e polo tanto a experiencia e fundamental, algo que se aprende escoitando a Ana “tes que recorrer a uns certos produtos e saber cal é que tes que usar con cada tecido. Sempre dependes do tecido, por difícil que sexa a mancha se o tecido responde, se aguanta o color, a podes sacar” , `precisamente o que si cambiou foron os compoñentes das prendas e iso é o que fai máis complexa a limpeza “apareceron os tecidos metálicos, os poliuretanos que dependendo de canto leven é mais complicado… aqui apréndese cada día e trátase de probar e ser prudentes, explicarlle o cliente si é doada ou non a limpeza e que é o que se fará para intentar eliminar esa mancha. Aqui o que facemos cando vemos unha mancha que pode ser complicada e facer unha proba, se somos capaces de eliminala cobramos o traballo e se non o regalamos, nos arriscamos o traballo e o cliente a prenda”.

Imaxe da reportaxe sobre Natural CleanNatural Clean traballa en gran parte con clientes fixos que repiten de xeito habitual. Ofrecen a recollida a domicilio da colada aínda que é algo que se demanda sobre todo en alfombras e prendas grandes. Os cambios de tempada son os momentos álxidos de traballo e de eles o paso da primavera o verán.

Nos últimos tempos están aparecendo negocios de auto servizo que Ana ve con escepticismo “creo que non están funcionando porque de feito abre e pechan moi rápido, os gastos son os mesmos ca nos e non que poderían aforrar sería no persoal e o remate nos damos o traballo feito e en eses sitios é o cliente o que ten que facer o traballo e esperar a que remate así que penso que non son competencia”.

Outro dos sectores que Natural Clean atende e o dos colectivos, aseguradoras, limpadoras, asociacións… o limpar as equipaxes de traballo dun grupo de persoas sempre se poden ofertar uns mellores prezos. Tamén traballan para outras lavanderías xa que son poucas as que, como eles, teñen lavado en seco e polo tanto fan ese traballo para bastantes negocios de Santiago.

Despois de 20 anos de traballo Ana sabe que o día a día e o bo trato marcan a diferenza de calquera negocio, moitos dos seus clientes confían en ela porque as prendas que limpan son en ocasións algo especial. En tempos de consumo rápido da a sensación de que pouco a pouco volve o que funcionou toda a vida: o traballo ben feito e a honradez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial