A Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia xestiona unha das áreas máis importantes da nosa comunidade. Os datos non deixan lugar a dúbidas sobre a responsabilidade do posto: máis de cinco millóns de viaxeiros chegaron a Galicia no 2017, quinto ano consecutivo no que se rompe o record, e máis de 10 millóns de pernoitas, e tamén quinto ano consecutivo que se rompe o record. Por enriba destas cifras aparece un futuro aínda mellor pero tamén con unha responsabilidade engadida: o próximo Ano Santo 2021.

Como abal Nava Castro presenta experiencia dabondo na xestión desde hai anos. Concelleira de Asuntos Sociais, primeira tenente de alcalde e alcaldesa na súa vila natal, Ponteareas. Deputada no Parlamento Galego e no Congreso dos Diputados, e antes de acceder a Dirección Xeral de Turismo foi tamén Directora Xeral de Comercio. Sobre esta carreira e o posto que ocupa actualmente comezamos preguntándolle

Como dicimos antes de chegar a turismo Nava Castro foi Directora Xeral de Comercio, algo que en certo modo ten que ver co seu posto actual onde do que se trata é de “vender” Galicia

Na bisbarra de Compostela hai moito para ver pero non se pode agochar a importancia do Camiño, dos Camiños, de Santiago si falamos de turismo. Preguntámoslle a Nava Castro que nos falta e dinos que o que non podemos é perder a perspectiva do que é e potencialo como un espazo de acollida fronte a outros destinos

Nos últimos tempos incorpóranse novas rutas ao Camiño de Santiago, a documentación histórica vai poñendo sobre a mesa os distintos lugares polos que, desde hai centos de anos, chegaban os peregrinos a Compostela. A Directora considera que hai que telos en conta en todas as promocións que se fagan pero tamén é importante desenvolver accións nos lugares polos que pasan esas novas rutas

Outra das teimas que temos todos é conseguir que o Camiño sexa un sostén para os concellos polos que pasa máis alá dos dous meses de verán. Hai unha tarefa importante de concienciación na veciñanza e, entre outras iniciativas, desde a Dirección Xeral trabállase nun proxecto no Camiño Francés que serva de espello aos outros e no que o clásico Menú Peregrino sexa algo máis vinculado aos produtos autóctonos.

Como sucede en moitas áreas unha das necesidades dos galegos é aprender a valorar o propio. Coidar e ofrecer os produtos é un xeito de valorizar a ruta tal como explica Nava Castro

Falando de gastronomía hai que mencionar a gran cantidade de festas centradas nun produto que existen na bisbarra e en toda Galicia. Hai tres anos cambiáronse os criterios para a declaración de Festa de Interés Turístico Autonómico para mellorar a calidade do que se ofrece, converter estas citas en algo máis organizado e que non valla todo

Un dos puntos de discusión aparecidos no último ano é a Taxa turística. O concello de Santiago a propón como unha medida para reinvertir o recadado no mantemento da cidade pero as competencias son da Xunta. A Dirección Xeral non é algo que vexa factible a curto prazo dado o volume de turistas que temos, moi alonxado do das cidades que a están aplicando

Outra das claves que todos buscan é destacionalizar o turismo. Para Nava Castro a nosa vantaxe é que estamos acostumados a traballar con mal tempo pero ademais temos moitas opcións que ofrecer en calquera época do ano

Outro dos tópicos sobre Galicia é o mal tempo, algo que co cambio climático xa non é tan mal visto desde fora. Nava Castro explica que si a xente ven pola natureza, a chuvia e necesaria para manter o verde pero ademais considera que temos un bo clima

A Xunta de Galicia ven de presentar un interesante proxecto, integrado nun mais amplo no que participan distintos países europeos, para promocionar o turismo de mergullo. Con  máis de 1.500 kilómetros de costa Galicia é un lugar ideal por esa cantidade de lugares pero tamén por espazos tan únicos como as bateas que sorprenderon aos responsables das outras localizacións

Finalmente preguntámoslle a Nava Castro polas súas preferencias á hora de facer turismo, deixando ao marxe as alfombras do Corpus en Ponteareas porque resulta obvio que lles terá un cariño especial

Nava Castro ten moi claros os obxectivos do seu departamento do mesmo xeito que ten moi claras as dificultades. Transmite seguridade sobre o traballo que se fai desde a Dirección Xeral e que hai un camiño marcado, polo de agora, cara ó Ano Santo 2021. Aínda que existan críticas e distintas visións sobre como potenciar Galicia da  a sensación de que quedou atrás un xeito de promoción máis baseada no espectáculo e que no momento actual a difusión combínase con investimentos e planificación. As cifras abalan cada ano o crecemento do sector turístico e os próximos tres anos mostrarán ata onde pode chegar a nosa terra.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial