Negreira acolle a primeira Xornadas sobre enfermidades raras

0

Negreira, 24 de abril do 2019 – O Club Triatlon e a Cerveceria O Coton Negreira, en colaboración co Concello de Negreira, organizan este xoves a primeira Xornada sobre Enfermidades Raras.

Esta xornada desenvolverase no Auditorio do Centro Sociocultural. O obxectivo principal é achegar a toda a cidadanía a problemática relacionada co grupo denominado de enfermidades raras. Participaran recoñecidos investigadores que amosarán, cada un dende a súa perspectiva, os aspectos máis relevantes destas patoloxías. Estas enfermidades son ademais cada ano a causa solidaria coa que cada ano se celebra o Triatlón Solidario do concello. As xornadas están abertas a tódolos públicos e a entrada é de balde.

Como peche das xornadas vaise a presentar o IV Triatlón Solidario de Negreira, a celebrarse o sábado 25 de maio, e cuxo padriño vai ser Manuel Raña.

Programa completo

10:30-10:50.- Inauguración por parte do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

10:50-11:30.- “O papel dá fisioterapia no tratamento dás enfermidades raras”, a cargo de Carmela Otero, Laura Dopazo e Noelia Suárez. Especialistas do centro Fisionicra (Negreira).

11:30-12:10.- “Aportes dende a psicomotricidade vivenciada relacional”, por Milagros Lorenzo Pérez, psicóloga clínica especialista e psicomotricista. Responsable do centro Medrando xuntos SCP.

12:10- 12:40.- Descanso

12:40-13:20.- “A inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais”, a cargo de Mónica González, psicóloga educativa. Coordinadora da Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e na Aprendizaxe do Servizo de Psicoloxía da USC.

13:20-14:00.- “Para qué é un can de asistencia. Para qué ter un”, por María Sabell, especialista en conduta animal e Roberto Freire, psicólogo. Pertencen á asociación Só lles falta falar.

14:00-16:30. – Pausa para o xantar.

16:30-17:30.- “A atención ás enfermidades raras dende o servizo de Pediatría do CHUS”, por Irene Rivero, Patricia Fuentes e María José de Castro. Pediatras no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

17:30-18:30.- “Pasado, presente e futuro dás GRINopatías, unha encefalopatía pediátrica rara”, por Xavier Altafaj, investigador da Unidade de Neurofarmacoloxía do Institut d´Investigació Biomédic de Bellvitge (Idibell).

18:30-19:30.- “O diagnóstico dás enfermidades raras de orixe xenético”, a cargo de Ángel Carracedo, catedrático de Mediciña Legal dá Universidade de Santiago de Compostela, investigador e experto mundial en xenética.

19:30-20:00.- Clausura das Xornadas. Rocío de Frutos, deputada no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense e precursora dá reforma dó Real Decreto 1148/2011 (Prestacións económicas por coidado de menores afectados por enfermidades raras).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial