Alcaldes. Negreira, Manuel Ángel Leis

0

A maioría absoluta conseguida polo socialista Manuel Ángel Leis en Negreira hai pouco máis dun ano foi a máis axustada da bisbarra, 2 únicos votos.

Pouco máis dun ano despois das eleccións os resultados seguen sendo os mesmos pero todo en Negreira, como nos resto dos concellos, mudou. A crise do Covid 19 puxo a proba o sistema e a un novo alcalde. Manuel Ángel Leis explica como todos os proxectos se viron truncados, como cada día tiveron que resolver novos problemas e o complicado que resulta volver a poñer todo en marcha de novo

En Negreira non se tivo unha gran incidencia da pandemia e o feito de ter unha gran superficie claramente rural axudou a conter o virus. Pola contra os servizos municipais tiveron que facer un esforzo por axudar ás familias, en moitos casos formadas por persoas moi maiores.

O goberno de Manuel Ángel Leis verá nas próximas datas aprobados os orzamentos despois dun pequeno problema por un erro da intervención. Será un paso a diante para retomar a actividade ao cen por cen.

O alcalde forma ademais parte do Consello directivo da federación Galega de Municipios. Alí a teima de todos os alcaldes e poder usar o remanente de tesourería non só pola situación actual, por todo o que pode vir a partir de setembro co inicio do curso escolar.

En ese mesmo sentido Leis comezou a reunirse cos responsables dos centros educativos para coñecer a súa opinión sobre os protocolos que se terán que afrontar. Algunhas das obrigas semellan imposibles de cumprir sen unha forte inversión

Cando se lle pregunta por proxectos o alcalde de Negreira ten un en mente como prioridade: a construción dun centro de día ou residencia de maiores. A piques de conseguir un espazo para construílo, toca agardar a que se constitúa o novo goberno da Xunta de Galicia.

Negreira é dos concellos que recuperou unha intensa actividade cultural. Queda por decidir que sucederá coa Feira do Románico despois de ter que modificar moitas das citas previstas.

Unha das principais citas de este verán terá lugar este sábado 1 de agosto. Ponte Maceira recibirá na casa o galardón que o acredita como un dos pobos máis bonitos de España. Un enclave único que nos últimos meses viuse reforzado coa declaración de Ben de Interés Cultural  e que agora convertese nunha referencia a nivel nacional.

Manuel Ángel Leis coñece Negreira como pouca xente. O seu traballo fora da administración, repartindo butano, levouno por todos os pequenos recunchos e aldeas da vila, algo que lle axuda a manter os pes na terra. Comprobar que, despois dun ano tan complicado, segue mantendo a ilusión polo que fai é unha novidade nunha bisbarra con políticos con moitos anos as costas. Ter ao tempo xuventude e experiencia supón en esta lexislatura toda unha garantía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial