Negreira aproba os orzamentos para o presente ano

0

Negreira, 15 de maio do 2019 – O equipo de goberno de Negreira sacou adiante os orzamentos para o presente exercicio na última sesión plenaria da lexislatura.

Os orzamentos foron aprobados cos seis votos dos concelleiros do equipo de goberno do PSOE e mailo voto de calidade do alcalde, desfacendo o empate tras dúas votacións, logo do voto en contra dos cinco concelleiros do Partido Popular e mailo da concelleira de Ciudadanos, e coa ausencia do edil non adscrito, José Manuel López Lago.

As contas xerais ascenden a 5.040.718,35 euros, tanto no capítulo de ingresos como no de gastos. No primeiro capítulo, o Concello prevé un total de ingresos correntes de 4.693.747 euros e de 346.970 euros de ingresos de capital. As maiores partidas de ingresos corresponden a transferencias correntes (2.412.197); impostos directos (1.628.500), e taxas, prezos públicos e outros ingresos por 614.090 euros.

No capítulo de gastos resérvase para gastos correntes a cantidade de 4.552.347 euros, dos que a maior cuantía é para persoal (2.258.000); gastos correntes e servizos (2.000.908), e investimentos reais con 339.825 euros.

Tanto o Partido Popular como Ciudadanos expresaron o seu rexeitamento aos orzamentos no seu desacordo por ter sido levados a pleno faltando tan pouco para rematar a lexislatura. O PP criticou o feito de que coa previsión de máis ingresos por impostos directos, baixen un 10% os investimentos reais. Ciudadanos mostrou a súa disconformidade por non terse abordado no pleno municipal o gasto do Fondo de Cohesión Social e porque rómpense a estabilidade orzamentaria.

A Corporación Municipal tamén aprobou, por unanimidade, a adhesión do Concello de Negreira, á Asociación ¨Los pueblos más bonitos de España¨, quen propuxo incorporar ao núcleo de A Ponte Maceira, a súa listaxe de pobos con esta distinción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial