Negreira reclama a Archidiócesis a modificación dunha placa da igrexa de San Xulián

0

Negreira, 8 de agosto do 2018 – O concello de Negreira ven de enviar, o pasado día 1, un escrito a Archidiócesis de Compostela para que modifique ou retire unha placa da igrexa de San Xulián por non acatar a Lei de memoria histórica.

A igrexa de San Xulián de Negreira ten na súa fachada unha placa na que se lembra exclusivamente aos “combatientes del bando nacional en la guerra civil”. O concello lembra na comunicación enviada a institución eclesiástica que esa frase vulnera o artigo 15 da Lei de memoria histórica, no relativo a símbolos e monumentos públicos, que no primeiro apartado di: Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura.

O concello reclama da Archidiócesis que a placa sexa modificada de xeito que non faga mención expresa de ningún dos bandos enfrontados durante a Guerra Civil ou ben a retire xa que supón a exaltación colectiva da sublevación militar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial