Queixas pola privatización de distintos servizos de limpeza en Negreira

0

Negreira, 5 de outubro do 2020 – O BNG de Negreira ven de emitir un comunicado no que reclama máis persoal para os servizos de limpeza que realiza o concello en vez de optar pola privatización.

Os nacionalistas explican que desde hai tempo o concello contrata a distintas empresas privadas para realizar certos servizos que o persoal contratado de xeito directo no alcanza a realizar.

No último pleno saía adiante, por unanimidade, a petición do Partido Popular de unificar ese servizos e sacalos a concurso público. O BNG explica que, desde o seu punto de vista, o lóxico “sería ampliar o persoal actual do servizo de limpeza público con máis traballadores fixos e algún eventual para datas sinaladas”.

Os nacionalistas consideran que “sería máis barato e eficiente para a veciñanza de Negreira un servizo público que unha subcontrata, e deste xeito crearíanse máis postos de traballo no concello, garantindo así traballo digno e unha mellor xestión dos cartos públicos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial